Proxectos

TERREMOTO EN CHINA

O 12 de maio un sismo de magnitude 7,8 na escala Richter sacudiu o suroeste de China. Nunha primeira valoración calculouse que o número de persoas falecidas ascendía a 12.000, pero a medida que pasan os días aumenta esta cifra de forma vertixinosa, tendo en conta que máis de 300 réplicas, algunha delas de 6 grados de magnitude na escala Richter. As últimas estimacións reflicten uns datos demasiado desoladores, máis de 20.000 persoas se atopan desaparecidas, a maior parte sepultadas entre os escombros. A AECID ofrécelles ás autoridades chinas a colaboración de España no que o Goberno chino estime oportuno, e convoca unha reunión extraordinaria para o 14 de maio para coordinar a resposta española ante esta nova catástrofe. A FAHG participa no envío coa achega de material sanitario. Este material consiste nun paquete IEHK2006 preparado para atender a 10.000 persoas durante 3 meses, e trátase dunha caixa de urxencia completo con un peso de 820 quilos distribuídos en 27 paquetes

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convenios Axuda Emerxencia
Rexión: 
Asia
País: 
CHINA
Zona de actuación: 
Suroeste de China
Axentes: 
AECID - AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

AEICID/ FARMAMUNDI

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Axuda de urxencia ás vítimas do terremoto en China.

Axudas: 

7543,1