FORTALECIDAS AS CAPACIDADES PEDAGÓXICO-ORGANIZATIVAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DE 16 COMUNIDADES RURAIS DOS DEPARTAMENTOS DE CHALATENANGO, SAN SALVADOR E LA LIBERTAD.
Mellora da calidade educativa das comunidades rurais dos departamentos de Chalatenango, San Salvador e La Libertad, O Salvador.
Fundación de Educación Popular, CIAZO.
Fortalecer as capacidades pedagóxico - organizativas da comunidade educativa de 16 comunidades rurais dos departamentos de Chalatenango, San Salvador e La Libertad.
Implementación dun diplomado en fundamentos curriculares con enfoque de xénero e educación popular con 60 docentes.
Realizar un intercambio de experiencias.
Realización de 3 xornadas para pais e nais de familia, a nivel comunitario, en 16 centros escolares.
Organización de dous foros culturais intercomunitarios.
Supervisión e coordinación da execución do proxecto
Directa: Educadores/as: 60 educadores/as que traballan en 16 escolas dos departamentos mencionados anteriormente serán os participantes no proceso de formación a través do diplomado. Pais e nais de familia: 440 persoas. Recibirán capacitación sobre temas relacionados coa educación dos seus fillos/as.
Indirecta: Os nenos e nenas que compoñen a poboación estudantil dos 16 centros escolares (1.390 nenas e 1.113 nenos), beneficiaranse indirectamente das capacidades adquiridas polos seus pais e nais e mestres e mestras.
As 16 comunidades rurais dos municipios de Chalatenango, Aguilares e El Paisnal (San Salvador) e San Pablo Tacachico (La Libertad), de onde proveñen os beneficiarios/as: unha poboación de 8.971 persoas (4.306 homes e 4.665 mulleres).
A Área de Educación de UCRES e o CCR, que estarán presentes no proxecto como organismos aglutinadores das diferentes comunidades, reforzarán o seu papel no traballo organizativo comunal e educativo grazas ás accións previstas no proxecto.
145028