PROXECTO DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO AOS CASARÍOS DE LAS LAJAS E EL ZAPOTILLO NO MUNICIPIO DE MARCOVIA EN HONDURAS
Usados os recursos do territorio de xeito sostible e con enfoque de cunca pola poboación do municipio de Marcovia, en correspondencia coas políticas e normas vixentes no país, de cara á mellora da calidade de vida dos seus habitantes.
Alcaldía de Marcovia
Mellora da xestión do recurso hídrico de xeito sostible nos casaríos de Las Lojas e El Zapotillo.
- Capacitación á contraparte e a comunidade sobre o Plan de xestión integral do recurso hídrico.
- Deseño e construción de infraestruturas de saneamento e abastecemento de auga.
- Reforestación e protección das zonas de recarga.
- Capacitacións do uso e xestión de ambos sistemas.
- Acompañamento no mantemento das instalacións.
- Capacitacións sobre o dereito a auga.
- Capacitación en xestión de auga á Unidade Técnica Municipal.
- Campaña de educación ambiental.
- Campañas de sensibilización sobre a calidade de auga dirixidas a agroindustrias.
352 habitantes dos casaríos de Las Lojas e El Zapotillo (177 mulleres, 175 homes)
136654