Proxectos

FACENDO FAMILIAS NA EDUCACIÓN INFANTIL (2ª FASE)

Educar na solidariedade e na promoción do bo trato aos nenos e nenas da primeira infancia de Galicia, mediante o fomento de actitudes partícipes e responsables, coa aplicación da proposta educativa para Educación Infantil “Facendo familias".

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
MENIÑOS (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

- Fidelizar a participación no ano 2009 de centros educativos que xa o fixeron no 2008;
- Promover o coñecemento e participación na proposta por parte de novos colexios;
- Promover a participación no concurso dunha porcentaxe representativa dos centros educativos, de cara a recoller e publicitar as achegas dos nenos e as nenas;
- Promover a participación da sociedade galega en accións de educación e prevención, mediante a colaboración voluntaria. 

Resultados e actividades: 

- Envío de correo electrónico e/ou postal a todos os colexios-diana, como mínimo nos meses de maio-xuño e setembro;
- Chamadas telefónicas a todos os colexios-diana, ao longo do ano;
- Visitas aos colexios que as demanden ou cos que se concerten;
- Comunicación (telefónica, escrita ou presencial) da participación.
- Rexistro da participación (base de datos, memorias);
- Recepción dos cuestionarios de valoración;
- Planificación e montaxe da exposición: reserva local, traslado material, montaxe;
- Inauguración, atención e desmontaxe;
- Elaboración do contido do folleto;
- Deseño gráfico e imprenta;
- Envío do folleto por correo ordinario e electrónico aos colexios;
- Chamadas telefónicas ou contacto presencial para recoller a resposta;
- Información da oferta de colaboración voluntaria, nos medios habituais empregados no Plan de Voluntariado;
- Coordinación e apoio ás persoas voluntarias nas accións específicas. 

Poboación beneficiaria: 

Beneficiarios directos: nenos e nenas de Galicia do 2ª ciclo da Educación Infantil (3, 4 e 5 anos). Segundo datos do censo de poboación, a cifra ascende a un total de 61.186 nenos e nenas.
Beneficiarios indirectos: seus profesores e profesoras, e as súas familias. 

Axudas: 

6000