Proxectos

MELLORA DO ABASTECEMENTO DE AUGA E DA SITUACIÓN SANITARIA, E FORTALECEMENTO DA XESTIÓN LOCAL DA AUGA NA COMUNA DE LEPI, PROVINCIA DE HUAMBO

O obxectivo da intervención consiste na mellora das condicións de vida da poboación da comuna de Lepi, a través da mellora de acceso á auga e a instalacións sanitarias así como o reforzo das capacidades locais para a xestión destes servizos

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
ANGOLA
Zona de actuación: 
Huambo (provincia)
Axentes: 
ACCIÓN CONTRA A FAME (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

DW

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
14030 - Abastecemento de auga potable e saneamento básico - sistemas menores
Obxectivos: 

- Mellorar o acceso á auga e as condicións de saneamento na comuna de Lepi.
- Reforzar as capacidades locais para a provisión de servizos de auga e saneamento na comuna de Lepi

Resultados e actividades: 

- Realización dun estudo técnico para a construción de pozos.
- Construción de puntos de auga.
- Realización do estudo de levantamento para a construción de latrinas.
- Campaña de sensibilización para a autoconstrución de latrinas co socio local.
- Capacitación de persoal.
- Campaña de promoción de hixiene e boas prácticas co socio local

Poboación beneficiaria: 

17.030 persoas
Directa: 1.430 persoas
Indirecta: 15.600 persoas

Axudas: 

175000