PROXECTO MINÈNE KALA REWBÉ (NÓS TAMÉN – EMPODERAMENTO DAS MULLERES SENEGALESAS)
Contribuír á participación crible, eficaz e sostible das Organizacións Comunitarias de Base (OCB) no desenvolvemento da rexión de Kolda.
ONG Appui à l’Autoformation des Adultes Appliqué à l’Action par Alternance et en Alternative (« 7a »/Maa-rewee)
Reforzar a consolidación e a valoración das iniciativas das mulleres membros das Organizacións Comunitarias de Base nas políticas públicas de tres comunidades rurais da rexión de Kolda.
- Organizar catro talleres cunha metodoloxía de diagnóstico participativo (DP) destinado ás mulleres membros das OCB agrupadas na Unión Bamtaare Réwbé para coñecer e comprender os principais documentos oficiais de desenvolvemento.
- Organizar 3 talleres, un en cada comunidade rural, destinados a 24 mulleres membros con responsabilidade noutras estruturas asociativas para difundir as coherencias e os puntos de converxencia identificados.
- Promover campañas para difundir as coherencias e os puntos de converxencia entre a poboación das comunidades rurais, especialmente entre outras asociacións.
- Identificación e avaliación participativa das iniciativas colectivas das organizacións membros da Unión Bamtaaré Réwbé.
- Organizar un taller de intercambio para as organizacións comunitarias de base.
- Organizar un taller de restitución de resultados que convocará aos diferentes actores das tres comunidades rurais comprendidas no proxecto para consensuar resultados.
- Publicación dunha Guía de Boas Prácticas para as organizacións membros da Unión.
- Organizaranse 10 emisións de radio cos cargos electos locais femininos e unha conferencia de prensa.
- Publicación e distribución dunha declaración ou carta local nos xornais rexionais.
- Campaña de difusión/alegación da carta.
- Organizaranse 3 encontros coas institucións descentralizadas para inscribir as actividades das organizacións da Unión nos plans e presupostos de desenvolvemento locais.
Poboación beneficiaria directa: 36 asociacións (1180 mulleres).
Poboación beneficiaria indirecta: Unhas 17.825 persoas.
20840,09