Proxectos

FORTALECEMENTO DE CAPACIDADES PEDAGÓXICAS E DE XESTIÓN EN AXENTES EDUCATIVOS DE VILLA EL SALVADOR

Contribuír a unha comunidade educativa e solidaria fortalecendo experiencias de xestión local sostibles no campo da educación, articulando experiencias formais e non formais a través de plans concertados en alianza con entidades estatais e privadas.

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Villa El Salvador (distrito)
Lima (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN CUME PARA EL DESARROLLO DE CULTURAS Y PUEBLOS
Contraparte: 

ONG Tierra de Niños

Código CRS: 
11110 - Política educativa e xestión administrativa
Obxectivos: 

Axentes educativos implementan prácticas educativas de xestión e metodolóxicas pertinentes nas institucións educativas de Villa El Salvador.

Resultados e actividades: 

- Capacitación a axentes educativos.
- Incidencia en políticas públicas e espazos de concertación.
- Seguimento a docentes en aula.
- Concurso de innovacións pedagóxicas.
- Capacitación a nais e pais de familia.
- Apoio, formación e organización de voluntarios.
- Talleres comunais para líderes comunais en temas referidos á infancia.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: 463 persoas (186 homes e 277 mulleres), entre directores, docentes de aula de I a III ciclo, docentes coordinadoras, promotoras educativas, mediadoras da aprendizaxe, directivos de institucións educativas, pais de familia e dirixentes.
Poboación beneficiaria indirecta: Nenos e nenas, docentes de aula de I a III ciclo, docentes coordinadoras, promotoras educativas, pais de familia e dirixentes. En total 4069 persoas (1966 homes, e 2103 mulleres).
 

Axudas: 

23522