MELLORAR A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO MEDIANTE UNHA ESTRATEXIA EDUCATIVA A MOZOS E FORMACIÓN AO PERSOAL DE POLICÍA EN HONDURAS
Favorecer a cohesión social en Iberoamérica mediante unha estratexia de prevención da violencia e delitos en mozos, actuando sobre aqueles en conflito coa xustiza e en situación de privación da liberdade.
Desenvolverase unha estratexia que actúa en catro frontes: formación a través do deporte, acceso á formación e ao emprego, prevención da violencia de xénero a través do persoal que traballa con mozos e intercambio de prácticas e visibilización do programa en Iberoamérica
Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación la Ciencia y la Cultura (OEI). Oficina Nacional en Tegucigalpa
Mellorar a prevención da violencia de xénero mediante unha estratexia educativa en centros escolares, institutos e espazos- redes cidadás de Honduras, así como mellorar as competencias e ferramentas da policía e persoal relacionado no país coa detección deste tipo de delitos
- Elaboración dun breve diagnóstico sobre a violencia de xénero.
- Elaboración de materiais de traballo para escolas e institutos de Tegucigalpa.
- Realización de talleres en 20 centros escolares para chegar a 800 mozos/as de Tegucigalpa.
- Talleres de formación con policía en Tegucigalpa.
- Visibilidade do proxecto a través dun seminario en Honduras
Poboación beneficiaria directa: 800 nenos/as e mozos/as de Tegucigalpa e 80 policías da mesma cidade
70000