PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO SOCIOECONÓMICO TERRITORIAL DO GRAN POTOSÍ, BOLIVIA.
O programa aspira a contribuír á redución da pobreza nunha das rexións máis deprimidas de Bolivia (Mancomunidade Gran Potosí). A este respecto, priorizouse a cadea produtiva propia da cultura local e con maiores posibilidades mercantís: a faba.
Trátase de mellorar a xestión de calidade nos diferentes elos da cadea de produción e comercialización e reducir os problemas actuais, que se manifestan nun limitado volume de oferta cos requisitos de calidade esixidos pola demanda de mercado, na incipiente organización da comercialización a nivel microrrexional para acceder a mercados ampliados e específicos (orgánico, comercio xusto), así como nas debilidades funcionais en xestión empresarial.
Ao mesmo tempo, o programa traballará en preservar os recursos naturais e o medio para garantir que o desenvolvemento económico sexa sostible no tempo.
Fundación Intercultural Nor Sud
Xeral:
Xerar o crecemento da economía rural inclusiva e sostible da rexión de Potosí, con repercusión na mellora dos ingresos e emprego digno
Obxectivos específicos:
- Fortalecer a competitividade produtiva e comercial das cadeas produtivas que xeran emprego e ingresos nos mercados convencionais e de comercio xusto "Fair Trade", a nivel rexional, nacional e internacional, en Potosí.
- Desenvolver sistemas agroforestais de manexo dos recursos naturais e o medio, que acompañan o desenvolvemento económico produtivo nas comunidades de acción do programa.
- Implementación da Mesa departamental da cadea da faba (Prefectura, ONG, Cooperación Internacional e ASOHABA)
- Implementación dos espazos municipais de concertación público e privado (DILPE)
- Elaboración e implementación da Axenda de Responsabilidade Compartida entre as institucións privadas, municipios, prefectura e ASOHABA, que se interesan, pola cadea.
- Formulación de políticas públicas departamentais e municipais, en torno á cadea da faba.
- Implementación do Fondo Rotatorio
- Construción de infraestrutura de rego
- Actualización de Plan de estratéxico quinquenal de ASOHABA, baixo un enfoque de negocios
- Desenvolvemento do Plan de mercadotecnia e de imaxe corporativa de ASOHABA.
- Vinculación con redes de produtores e outras instancias interinstitucionais involucradas no tema
- Promoción de eventos e actividades de intercambio e difusión das experiencias a outros produtores a nivel rexional e nacional
- Elaboración de manuais e regulamentos comunais de manexo e protección das fontes naturais de auga
- Implementación de viveiros comunais.
- Implementación en ASOHABA do sistema de xestión e administración con visión empresarial -capacitación e investimento-, baixo certificación de normas ISO 9001
- Implementación en ASOHABA do sistema de inocuidade e sanidade -capacitación e investimento-, baixo certificación de normas ISO 14001
- Implementación de Plan de Certificación de produción orgánica de FABA, baixo normas Fair Trade e Boas Practicas Agrícolas "BPAs"
- Vinculación con redes de produtores e outras instancias interinstitucionais involucradas no tema.
- Promoción de eventos e actividades de intercambio e difusión das experiencias a outros produtores a nivel rexional e nacional.
- Edición e publicación dun estudo especializado sobre modelo organizacional, con ASOHABA.
- Establecemento de cercos vivos e aramados para protección de vertentes.
- Elaboración de manuais e regulamentos comunais de manexo e protección das fontes naturais de auga.
- Implantación de hortas froiteiras familiares
- Recuperación e sistematización de prácticas ancestrais de manexo sostible de recursos naturais.
- Formación de promotores en agroforestería e conservación do solo
Directa: 2.500 familias produtoras, que suman un total de 9.850 habitantes (55% mulleres), de acordo ao seguinte detalle por municipios: provincia Thomas Frías: Tinguipaya. (350 familias) e Yocalla (350 familias); provincia Linares: Puna (500 familias), Caiza D (450 familias), Chaqui (300 familias) e provincia Cornelio Saavedra: Betanzos (550 familias).
Indirecta: Prevese que un 45% da poboación dos seis municipios se vexa efectivamente beneficiada; isto é, ao redor de 60.000 habitantes.
923463,2