APOIO SANITARIO PARA A MELLORA DO NIVEL DE SAÚDE DA POBOACIÓN QUE VIVE NOS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS SAHARAUÍS EN TINDOUF.
A SOGAPS executou un proxecto de apoio ao sistema sanitario saharauí no referente aos servizos de atención primaria, en especial a atención á poboación máis vulnerable dos campamentos de refuxiados. Este proxecto é a continuidade doutro xa desenvolvido no 2008 pola SOGAPS, de formación pediátrica aos profesionais sanitarios dos dispensarios e hospital dos campamentos Tinduf e conta para a súa realización co apoio e a colaboración das autoridades sanitarias saharauís, e a súa contraparte no terreo é o denominado Ministerio de Saúde Pública, da República Árabe Saharauí Democrática (RASD). Este proxecto desenvolverá accións de: atención sanitaria á poboación do campamento no eido da fisioterapia, podoloxía, oftalmoloxía, odontoloxía e xinecoloxía. Formación do persoal sanitario local e diagnoses, tratamentos e atención primaria, especialmente nos eidos anteriormente descritos. Dotación de material necesario para garantir o correcto funcionamento do Hospital de Smara.
Ministerio de Saúde Pública
OX: contribuír a mellorar as condicións sanitarias da poboación refuxiada saharauí.
OE: adecuado funcionamento do Hospital de Smara enfocado no ámbito persoal centrado na formación, ámbito de infraestruturas centrado en lograr a operatividade das áreas de laboratorio, urxencias, hospitalización, xinecoloxía, odontoloxía, consultas etc., e ámbito de material orientado á dotación e mantemento do material básico, clínico e didáctico.
20.000 €. O custo total de este proxecto ascende a 60.000,00 . Está cofinanciado pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e xustiza (40.000,00 ) e a FAHG (20.000,00 ).