CESIÓN DE MATERIAL DENTRO DE UN PROXECTO DE APOIO NA PREVENCIÓN DE EMERXENCIAS.
A provincia de Moxos, situada ao norte de Bolivia, no límite con Brasil é un territorio con baixa densidade de poboación e alta dispersión territorial, que se caracteriza pola presenza de grandes ríos con fortes crecidas, zonas de selva pechada con camiños e sendas de terra ou barro, e clima tropical, onde abundan as intensas chuvias. Posúe unha poboación de máis de 50.000 habitantes da familia dos Arawac, que se distribúe en 109 comunidades campesiñas e dous territorios indíxenas divididos a súa vez en 77. A ONG Solidaridad Médica vén traballando na zona dende o ano 2003 na dotación de caixa de urxencias de medicamentos e material sanitario básico para que as comunidades teñan acceso aos principios activos indispensables para tratar as patoloxías básicas da súa zona.. Equipos formados por persoal cooperante e persoal da ONG desprázase cara ao interior e ás comunidades máis afastadas e de difícil acceso para prestar apoio e realizar o seguimento do traballo realizado polos promotores de saúde, campañas de desparasitación, vacinación, asistencia a embarazadas, pacientes crónicos etc.
CESIÓN DUN POSTO MÉDICO AVANZADO (PMA) (Dotado de tenda de campaña de 7x6 metros, xerador eléctrico e remolque para o seu transporte e desprazamento).
CESIÓN DUN PAQUETE DE URXENCIAS IEHK'06 (Composto por medicamentos e material sanitario)
Solidaridad Médica Canara
Mediante a cesión deste material perséguese reforzar a asistencia sanitaria á poboación residente no Departamento de Beni, distribuída en 109 comunidades campesiñas e dous territorios indíxenas divididos en 77 comunidades.
8402,01