Proxectos

TIFÓN KETSANA

O tifón Ketsana causou 240 mortos e 1,8 millóns de damnificados ao seu paso por Filipinas. Neste contexto a AECID pon en marcha un operativo de resposta ao que se suman as ONGD e cooperación descentralizada.

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenios Axuda Emerxencia
Rexión: 
Asia
País: 
FILIPINAS
Zona de actuación: 
Zonas afectadas polo Tifón Ketsana
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
AECID - AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

AECID

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Diminuír as incomodas condicións e problemas de salubridade e hixiene nas que se atopaba a poboación filipina, que tras a catástrofe necesitaba restablecer hábitos tan cotiáns como o aseo persoal, a través do envío de 552 paquetes hixiénicos, o que cubriría as necesidades básicas de hixiene dun individuo ou de toda unha familia de 5 membros, incluídos contidos que garantan a súa hixiene ata 40 días. Cada paquete inclúe 5 xabóns, 2 xeles/xampús, 5 cepillos de dentes, 5 tubos de crema dental, 6 máquinas de afeitar, 3 bolsas de deterxente en po, 80 compresas e 12 rolos de papel hixiénico.

Axudas: 

9000