A DESIGUALDADE EN PAÍSES EN VÍAS DE DESENVOLVEMENTO: CONTEXTOS DE INXUSTIZA SOCIAL E DE XÉNERO
Esta iniciativa céntrase na sensibilización sobre as desigualdades que ocorren nos países do Sur, especialmente aquelas que afectan a mulleres e nenas. Para isto, emprenderanse unha serie de accións educativas, de sensibilización e asociativas que abarcarán toda a sociedade galega, dándolle prioridade ás intervencións a desenvolver en poboacións dos municipios pequenos e/ou rurais.
A través da intervención en contextos de educación formal, difundiranse os materiais elaborados no marco do proxecto e impartiranse diversos obradoiros. Ademais, a web da asociación servirá de vehículo transmisor do proxecto, publicándose os traballos realizados.
Período de execución: setembro 2010 – setembro 2011
Promover a solidariedade da sociedade galega, a súa participación e o seu compromiso activo na construción dun mundo máis xusto e igualitario
- Elaboración de contidos e deseño de materiais didácticos (cómic, web, dossier para centros escolares…).
- Deseño, planificación, execución de sesións educativas en centros escolares de ESO (3 sesións por cada grupo).
- Elaboración de contidos, deseño de exposición de sensibilización sobre as desigualdades no Sur, elaboración de materiais de difusión da mesma e xestión da actividade.
- Captación e selección dun grupo de voluntariado específico para o proxecto, ao que se impartirá formación básica.
- Seguimento e avaliación dos efectos e impacto das accións realizadas.
Público obxectivo:
- Adolescentes e educadoras/es dos centros escolares de secundaria galegos.
- Poboación xuvenil galega.
- Poboación galega en xeral.
30.285,00 € (2010: 12.114,00€ - 2011: 18.171,00€)