Proxectos

CARA A UNHA CIDADANÍA INCLUSIVA NO ÁMBITO RURAL GALEGO. EDUCAR SUMANDO, A FÓRMULA DO CAMBIO

O proxecto inscríbese na campaña de InteRed “Educar sumando, a fórmula do cambio. Educación inclusiva, motor de desenvolvemento humano". Desde o concepto de educación para o desenvolvemento en termos de inclusión-exclusión, e non en termos Norte-Sur, búscase intervir no contexto galego cunha proposta que traballa sobre a desigualdade, centrándose na formación de formadores e de profesionais da educación, pola potencialidade expansiva de dirixirse a este sector de poboación e por considerar a importancia da tarefa da educadora ou educador e a súa dificultade nun mundo cada vez máis complexo que demanda persoas profesionais ben formadas.
O proxecto abrangue actividades de formación do profesorado, en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia, e de axentes sociais e da cidadanía así como de formación universitaria nas tres universidades galegas. Ditas propostas compleméntanse con accións educativas dirixidas ao alumnado e á comunidade educativa en xeral, nos IES de Viana do Bolo e Mondoñedo, principalmente.
Período de execución: abril 2010 – novembro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Promover o desenvolvemento da educación inclusiva como estratexia para a consecución dunha sociedade galega máis xusta e equitativa especialmente no ámbito rural e universitario

Resultados e actividades: 

- Obradoiros de sensibilización e formación centrados na educación inclusiva.
- Presentación da campaña cun acto público en Mondoñedo e Viana do Bolo.
- Obradoiro de Formación sobre Educación Inclusiva e Educación para o Desenvolvemento, cun seminario de formación permanente para o alumnado das tres universidades galegas, dous grupos de traballo do profesorado e convocatoria ao público en xeral interesado.

Poboación beneficiaria: 

- Alumnado das universidades galegas.
- Profesorado de todos os niveis educativos da educación formal.
- Alumnado dos IES de Viana do Bolo, e Mondoñedo, principalmente.
- Pais e nais das respectivas comunidades educativas.
- Educadoras e educadores da educación non formal das mesmas zonas.
- Cidadanía en xeral da mesma zona.

Axudas: 

24.750€ (2010: 9.900€ - 2011: 14.850€)