Proxectos

11ª AULA ITINERANTE DOS CONTOS SOLIDARIOS (2010/2011): AS VIAXES DO PAZTINETE SOLIDARIO

Neste proxecto desenvolveranse 100 sesións de contacontos centrados na temática da poboación refuxiada, os nenos soldado, o medio ambiente e a solidariedade. Interpretaranse valéndose de monicreques artesáns tecidos en Guatemala, India e Bangladesh baixo criterios de comercio xusto. Percorreranse especialmente escolas do medio rural galego como acto de solidariedade interna debido á menor oferta deste tipo de actividades de sensibilización solidaria en comparación ás escolas do medio urbano.
Baixo o nome de “As viaxes do Paztinete" preténdese amosar como, dende un micro medio de transporte como é un patinete, se pode aportar solidariedade cunha proposta lúdico-pedagóxica baseada na imaxinación. Con el farase unha viaxe imaxinaria aos pobos das diversas culturas e á súa realidade dentro da diversidade e a convivencia.
Período de execución: xuño 2010 – xuño 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
BICIS POLA PAZ
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Concienciar e sensibilizar a través dos contos solidarios á sociedade sobre a problemática da desigualdade social promovendo hábitos diarios de solidariedade

Resultados e actividades: 

- Desenvolvemento de 100 sesións de contacontos en centros educativos do medio rural galego.
- Charlas explicativas en centros educativos sobre o traballo das ONGD galegas.
- Presentación do Paztinete, o patinete da paz no que viaxa o cociñeiro dos contos solidarios Mohamed Quechua.
- Accións de divulgación do comercio xusto.
- Instalación nalgúns centros educativos, acompañando aos contos solidarios, dun ciclo-carro holandés cargado con libros, contos e revistas sobre a solidariedade.
- Realización do obradoiro da Árbore atrapadora de contos durante as sesións de contos solidarios nos centros educativos.
- Ampliación da páxina web www.contosolidarios.org

Poboación beneficiaria: 

- Público do medio rural galego, nenas e nenos, mulleres e homes, pertencentes a centros escolares de educación infantil, primaria, E.S.O. e bacharelato, e a outro tipo de centros (hospitais, centros de discapacitados, centros da terceira idade, bibliotecas...).
- Educadoras, educadores e resto de persoal dos centros educativos

Axudas: 

6.000€ (2010: 2.400€ - 2011: 3.600€)