MULLERES E COMERCIO XUSTO: ELAS ALIMENTAN O MUNDO
O proxecto pretende sensibilizar á sociedade galega en dous eidos: comercio xusto/consumo responsable e xénero, facendo especial fincapé nas mulleres do rural que aseguran grazas ao seu traballo a alimentación das familias ao seu cargo. Para iso, traballarase con mulleres organizadas de Galicia mediante obradoiros de formación. Destes contactos xurdirá a base para a celebración dunhas xornadas, onde xunto con mulleres do Sur se debaterá a problemática concreta das mulleres produtoras e a súa achega ao desenvolvemento dos pobos.
Aproveitando a plataforma internacional do Día do Comercio Xusto, as 5 organizacións agrupadas neste proxecto, pretenden achegar á poboación o movemento do comercio xusto e a situación das mulleres produtoras do Sur. Todo isto mediante materiais divulgativos, obradoiros e a propia vivencia das mulleres.
Período de execución: setembro 2010 – xuño 2011
Fomentar hábitos de consumo responsable entre a sociedade galega
- Sesións informativas sobre comercio xusto e xénero no rural galego.
- Deseño, elaboración e distribución de materiais de difusión.
- Coordinación e planificación da visita de 3 mulleres produtoras de cadansúa cooperativa de comercio xusto de África, América Latina e Asia.
- Encontro entre mulleres produtoras do Norte e do Sur.
- Coordinación, planificación e celebración do Día Mundial do Comercio Xusto en 6 cidades galegas.
- Mulleres pertencentes a asociacións do rural galego.
- Mulleres produtoras de países do Sur.
- Asistentes ás Xornadas de Mulleres Rurais.
- Alumnado de centros educativos de últimos ciclos de primaria e secundaria.
- Asistentes aos actos de celebración do Día Mundial do Comercio Xusto
49.210€ (2010: 19.684€ - 2011: 29.526€)