Proxectos

FORTALECER A ÁREA DE COMUNICACIÓN E IMAXE DE EQUUS ZEBRA

A entidade presenta un plan de mellora articulado en torno a 3 eixos, no último dos cales se centra o proxecto:
- O reforzamento da comunicación externa/interna e as súas alianzas estratéxicas cos obxectivos de fortalecer a comunicación externa e o papel da organización como interlocutor e actor significado no ámbito da inmigración, ante os poderes públicos e os actores sociais. Este proxecto pretende articular unha colaboración activa e proactiva coas entidades de segundo nivel e promover a inclusión da organización naqueles foros nos que aínda non ten presenza Equus Zebra, ademais de fortalecer o vínculo da entidade coa súa contorna máis próxima (outras asociacións de barrio, centros cívicos, colexios, centros de saúde, etc). Ao mesmo tempo, consolidarase unha estratexia de comunicación externa que sexa coherente coa misión da organización, cos seus valores e principios reitores e que busque situar á entidade como referente de traballo coas persoas inmigradas, especialmente para os medios de comunicación do municipio.
Período de execución: xuño 2010 – decembro 2010

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
EQUUS ZEBRA
Código CRS: 
92010 - Apoio a ONGD nacionais
Obxectivos: 

Mellorar a estratexia comunicativa da organización

Resultados e actividades: 

- Elaboración e implementación do manual corporativo da entidade.
- Presentación da nova imaxe corporativa a axentes internos e externos.
- Dixitalización da base de datos.
- Elaboración de documentos corporativos.
- Reunión anual de avaliación.

Axudas: 

15.000€ (2010: 15.000€ - 2011: 0€)