FOMENTO DO USO DE SEMENTES FORESTAIS NATIVAS COMO MECANISMO PARA MELLORAR A XESTIÓN DO BOSQUE E A CALIDADE DE VIDA DOS/AS POBLADORES/AS DE ORELLANA (AMAZONÍA ECUATORIANA)
O proxecto pretende xuntar esforzos para desenvolver e implementar localmente un modelo de xestión forestal piloto, logrando que o manexo adecuado do bosque se converta nun mecanismo de desenvolvemento local. O modelo de xestión engloba diferentes iniciativas que combinan a actuación dos organismos públicos cos actores forestais da sociedade civil. A proposta presenta, como iniciativa estratéxica, a implementación dun sistema de aproveitamento de sementes nativas contribuíndo a fortalecer o modelo de xestión forestal.
Período de execución : xullo 2010 – agosto 2011
Solidaridad Internacional Ecuador
Fortalecer as capacidades locais en Orellana para o uso e xestión sustentable do medio ambiente como elemento xerador de recursos para a loita contra a pobreza
• Revisar e analizar información existente sobre posibles fontes sementeiros
• Identificar e seleccionar as fontes de sementes candidatas
• Recoller e rexistrar datos da fonte de sementes con participación activa de donos/as
• Elaborar expedientes técnicos de cada unha das fontes de sementes e rexistralas no MAE (Ministerio do Ambiente)
• Elaborar estudo de mercado para a identificación da cadea de produción e comercialización de sementes
• Realizar 3 talleres de capacitación dirixidos a donos/as de bosques, en identificación e manexo de fontes sementeiros
• Realizar 3 talleres cos/as actores vinculados á cadea de sementes
• Realizar 6 sesións de traballo con produtores/as de sementes para conformar e fortalecer a asociación produtora
• Implementar un centro de sementes, para a súa manipulación e conservación adecuadas
• Implementar un laboratorio para a identificación da calidade e características das sementes
• Realizar 4 talleres de capacitación para funcionarios/as no adecuado manexo de sementes, viveiros, etc
• Mellorar a capacidade e o funcionamento de 2 viveiros manexados desde os gobernos
• Elaborar e implementar procedementos e formatos vinculados ao manexo adecuado dos viveiros e ao seu seguimento e control no campo
• Elaborar e editar informe semestral cos datos recompilados dos viveiros
• Fortalecer a comercialización no centro sementeiro asegurando unha adecuada recolección e manexo das sementes
• Implementar 150 programas de plantacións forestais familiares
• Ampliar a capacidade de venda do centro sementeiro cara a outras institucións e organizacións que realizan plantacións na rexión
• Elaborar material de difusión e promoción das actividades produtivas desenvolvidas
Directa: entre 15-20 familias donas de bosques con fontes de sementes; 12 funcionarios/as das institucións públicas; 2-3 técnicos/as do laboratorio; 140-150 campesiños/as e indíxenas e as súas familias beneficiarias dos programas de reforestación.
Indirecta: 900 campesiños/as e indíxenas e as súas familias que reforesten e establezan plantacións; poboación xeral da provincia (120.781)
174.945,92€ (2010: 87.472,96€ - 2011: 87.472,96€)