XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL SUSTENTABLE E PROMOCIÓN DO TECIDO ECONÓMICO NAS COMUNIDADES DE SAN ANTONIO DE TOTORA, SAN JOAQUÍN, SAN FRANCISCO, CRUZ CHICA E SANTA FE, DO ENTORNO DE SAN MATÍAS, PROVINCIA ÁNGEL SANDOVAL. BOLIVIA
A intervención busca minorar o deterioro ambiental e incrementar o nivel de vida dos e das habitantes da área de actuación. Para iso desenvólvense unha serie de cursos e obradoiros de formación impartidos a diferentes sectores vencellados ao uso dos recursos naturais con fin de mellorar as súas prestacións laborais, nivel profesional e conservación e uso da biodiversidade. Tamén se elabora un Plan de uso sustentable dos recursos naturais do territorio. O proxecto destaca polo grande compoñente participativo.
Unhas 5.000 hectáreas de terreos das persoas beneficiarias son obxecto do desenvolvemento do plan de uso sostible dos recursos naturais que se elabora no marco do proxecto; outras 5.400 hectáreas son postas a disposición dos e das beneficiarias como lugar de demostración da conservación sostible da biodiversidade.
Período de execución: xuño 2010 – agosto 2011
Hombre y Naturaleza Bolivia
Contribuír á diminución da pobreza en Bolivia, especialmente na zona oriental.
- Realización de cursos de xestión de fauna, flora, conservación dos ecosistemas, gandería ecolóxica e obradoiros de educación ambiental.
- Toma de datos e redacción dun Plan de uso sustentable dos recursos naturais das comunidades do entorno de San Matías.
- Construción de instalacións para o gando, adquisición e execución do plan piloto de gandería ecolóxica.
- Acondicionamento, sinalización e elaboración dunha guía para o visitante do percorrido pola denominada Estancia Cambará.
- Realización de obradoiros de organización, igualdade e desenvolvemento local e charlas abertas de actualización cultural para mulleres.
- Celebración de charlas a estudantes/as e mestres/as sobre equidade de xénero e desenvolvemento.
- Actividades de sensibilización a autoridades, actores, persoas beneficiarias e poboación en xeral.
Directa: 830 persoas
Indirecta: 4.490 persoas
235.785,00 € (2010: 117.892,50 € - 2011: 117.892,50 €)