APOIO AO FORTALECEMENTO DO MEDIO ECONÓMICO DE 2.592 PERSOAS DO MUNICIPIO DE SAN ISIDRO LABRADOR, CHALATENANGO, NO SALVADOR A TRAVÉS DA INSERCIÓN LABORAL DOS/AS MOZOS/AS DO NÚCLEO FAMILIAR A TRAVÉS DA CONSTRUCIÓN DUN MERCADO COOPERATIVO
O proxecto pretende fomentar as oportunidades de saída profesional dos mozos do municipio de San Isidro Labrador. Con este fin, desenvólvense un módulo de capacitación de 20 mozos para perfís de construción (albanelaría, electricidade e fontanaría) enfocados a mozos/as en situación de risco e unha fase de construción dun mercado de exposición e venda de produtos locais, artesanais, agropecuarios e industriais e dinamizador para a poboación local como continuidade ao proxecto desenvolvido polo Banco Interamericano de Desenvolvemento na zona.
Un segundo ciclo de capacitación abarca a 36 mozos emprendedores que instalarán os seus micronegocios nos postos unha vez finalizada a construción. Os dous grupos de mozos recibirán módulos específicos en temas sociais como enfoque de xénero, prevención de violencia intra familiar, prevención do consumo de drogas e sexualidade, xestión ambiental, en xestión laboral organizativa como prevención de riscos laborais, xestión administrativa e contable de negocios, así como en aspectos de promoción económica como a inserción laboral e autoemprego.
Os mozos poñerán en práctica as capacidades adquiridas creando un Comité de xestión do mercado cooperativo que poderá impulsar actividades de sensibilización á poboación da zona, particularmente a mozos/as emprendedores doutros municipios.
Un módulo do Mercado está destinado á constitución do Centro Cívico no cal se reunirán os comités de mozos e de mulleres creados con este proxecto para o desenvolvemento de actividades de prevención, dinamización cultural e socioeducativas.
Período de execución: xullo de 2010 - decembro de 2010
Fundamuni - Fundación de Apoyo a Municipios de El Salvador
Fortalecida a consolidación do mercado local interior coa creación de tecido asociativo para iniciativas empresariais de economía social no municipio de San Isidro Labrador, departamento de Chalatenango
Construción dunha adega para a almacenaxe dos materiais e ferramentas necesarias para a construción dun punto de venda e exposición na localidade de San Isidro Labrador de 2560 m2.
Inicio dos labores de terracería e escavación para preparación do terreo onde se construirá o centro de comercialización e distribución
Labores de trazado sobre o terreo dos diferentes espazos de construción.
Construción dun muro de contención para salvar o desnivel do terreo construído.
Construción do espazo que se dedicará ao muíño.
Contratación do persoal e compra de materiais.
Impartición dos módulos de albanelaría, electricidade con metodoloxía práctico-teórica para os 20 mozos.
Impartición os talleres formativos en equidade de xénero e en prevención do VIH/sida e outras ITS xestionados polo traballador social.
Creación dun comité de mozos para que se responsabilicen e participen na xestión do proxecto.
Primeira reunión de mozos (promoción e difusión do proxecto)
Directa: por unha parte, un grupo de 16 de mozos da Municipalidad de San Isidro Labrador, que instalarán os seus negocios no mercado cooperativo; 20 mozos que recibirán a capacitación en oficios de construción e colaborará no mercado cooperativo. Resérvanse a metade das prazas para mulleres novas
Indirecta: a poboación do municipio de San Isidro Labrador polo acceso próximo ao mercado de produtos locais.
18000