Proxectos

MELLORA DO DÉFICIT CRÓNICO EN SAÚDE E DAS CONDICIÓNS SOCIO-SANITARIAS NO DISTRITO DE PORTO LOKO, SERRA LEONA, CON ÉNFASE NA ATENCIÓN MATERNO INFANTIL E A AMPLIACIÓN DO ACCESO AOS SERVIZOS DE SANEAMENTO BÁSICO E AMBIENTAL.

O hospital San Juan de Diós posibilita a prestación de asistencia sanitaria especializada para satisfacer as necesidades de saúde da poboación da área que se encontra en situación de pobreza extrema. Ao mesmo tempo pretende asegurar o seu funcionamento dun xeito sustentable.
Preténdese a ampliación da cobertura sanitaria materno-infantil na zona de influencia do hospital, mediante a mellora e ampliación do aceso aos recursos de saúde ás nais xestantes, durante o embarazo, o parto e o puerperio; a loita contra a desnutrición infantil; a mellora no acceso aos medicamentos esenciais e a ampliación da cobertura de campañas de vacinación a nais e menores de cinco años.
A mellora da xestión hospitalaria e farmacéutica co obxectivo de evitar pór en perigo a asistencia aos/ás pacientes e prever situacións que provocan a suspensión de operacións, o peche de quirófanos ou a derivación de pacientes por falta de existencias de medicamentos.
Ámbitos de actuación: abastecemento de medicamentos e material sanitario a través do centro hospitalario, asistencia e tratamento médico a mulleres en idade fértil e en período de xestación, atención ao parto e atención posnatal das nais e os seus bebés, control e planificación familiar, prevención e tratamento de enfermidades venéreas e VIH, fortalecemento das capacidades técnicas do persoal sanitario profesional e tradicional, sensibilización de profesionais sanitarios e da poboación atendida como ferramenta para a prevención de problemas na xestación e parto, así como no contaxio das enfermidades máis frecuentes causantes de morte materna ou infantil.
As áreas de atención do HSJD cobren as necesidades relativas aos seguintes departamentos: pediatría, maternidade, obstetricia xinecoloxía, cirurxía xeral, medicina interna, odontoloxía e radioloxía. Así mesmo, o hospital conta cun servizo de ambulancia, un banco de sangue e un laboratorio para a realización de análises clínicas, incluída a detección do VIH. Ademais dos servizos hospitalarios, o hospital de Mebesseneh tamén ofrece atención primaria nas súas consultas externas. Este ambulatorio encóntrase no mesmo recinto e leva a cabo programas de prevención, asistencia e educación para a saúde, priorízase a atención á saúde materno-infantil.
RIAP é unha organización creada en 1992 que busca promover a participación, organización e articulación dos distintos actores sociais ─públicos e privados─ para a incidencia nas políticas públicas e a produción da saúde comunitaria dende a perspectiva dos dereitos humanos. O seu labor está comprometido coa estratexia de atención primaria en saúde, que inclúe incidir nalgúns determinantes de saúde como é a seguridade alimentaría e o acceso á auga potable e o saneamento básico. Para iso traballa con comunidades sociais e organizacións civís por unha sociedade xusta, equitativa onde se respecten e promovan os dereitos humanos de todas e todos, o que contribúe ao melloramento dos niveis de saúde da poboación meta con énfase na promoción dos dereitos e a construción da cidadanía.
 

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
SERRA LEONA
Zona de actuación: 
Porto Loko (distrito)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Sant John of God Catholic Hospital / Royail Integrated Agricultura Projet (RIAP)

Código CRS: 
120 - Saúde
140 - Abastecemento de auga e saneamento
Obxectivos: 

OX: contribuír á rehabilitación das condicións de saúde e socio-sanitarias básicas que reduzan a vulnerabilidade da poboación dos distrito de Port Loko, na provincia norte de Serra Leona
da poboación do distrito de Port Loko, na provincia norte de Serra Leona.
OE: contribuír á redución do déficit crónico na saúde materno-infantil e nos servizos de auga potable e saneamento en Lunsar, distrito de Port Loko en Serra Leona.
 

Axudas: 

40000