Proxectos

2ª RESPOSTA EMERXENCIA TERREMOTO EN HAITÍ

Debido á magnitude que vai alcanzando a catástrofe en Haití, o día 15 de xaneiro a AECID pon en marcha un novo operativo de axuda no que a Xunta de Galicia, a través da FAHG participa co envío de material médico sanitario (paquete IEHK'06 e un de acción inmediata) por valor de 10.500 €. Este material forma parte dunhas existencias que como fondo de urxencias a FAHG ten en Valencia grazas a un convenio asinado coa ONGD Farmamundi.
O paquete IEHK2006 enviado pola FAHG está preparado para atender a 10.000 persoas durante 3 meses, e trátase dunha caixa de primeiros auxilios completo con un peso de 820 quilos distribuídos en 27 paquetes.
O paquete de acción inmediata é un equipamento lixeiro para brigada médica/ ambulancia.
Ten un peso de menos de 100 Kg. Distribuído en 4 paquetes e permite o traslado inmediato xunto coas brigadas sanitarias para que presten asistencia no primeiro momento sen depender da chegada de materiais.

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convenios Axuda Emerxencia
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HAITÍ
Zona de actuación: 
Haití
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
AECID - AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

AECID

Código CRS: 
43010 - Axuda multisectorial
Obxectivos: 

Darlles resposta rápida ás primeiras necesidades da poboación afectada polo sismo.

Axudas: 

10500