Proxectos

Implementar a capacidade de AGARESO para deseñar e realizar accións de sensibilización e visibilización sobre realidades de inxustiza e exclusión social en Galicia e países do Sur

O proxecto presentado a esta convocatoria encaixa no proceso de fortalecemento establecido por AGARESO para a mellora de catro áreas da súa actividade: visibilización, xestión (interna e externa), comunicación e técnica. Todas elas pasan por unha profesionalización dentro do traballo da ONGD que aparece reflectida no seu Plan Estratéxico para o período 2010-2011 e permitirán dar un salto cualitativo importante en relación coa forma de traballar da entidade.

1. Visibilización: Continuación da vía de mellora da calidade da visibilización dos proxectos. Cada unha das actuacións que realicen os voluntarios de AGARESO, tanto coa súa labor de visibilización e sensibilización en Galicia como nas expedicións que realizará ao estranxeiro, terá un apoio en todo momento e facilitaralles a xestión dos soportes de comunicación empregados para recoller o contido de cada proxecto (tanto o blog de viaxe como a páxina web, Agareso Radio ou a canle de televisión).

2. Xestión:
• Interna: A persoa contratada dinamizará a rede de voluntarios de AGARESO, unha necesidade detectada pola organización debido ao crecemento exponencial que experimentou nos últimos meses. Ademais, a nivel interno facilitará que a resposta que se lle dará aos asociados en todas as súas necesidades, suxestións e consultas se fará con maior rapidez e cunha atención máis personalizada.
• Externa: O profesional contratado permitirá mellorar as relacións de AGARESO con outras ONGDs, asociacións e entidades públicas e privadas coas que traballa ou traballará no futuro. Así, a nivel institucional, a organización contará con maior fluidez da que existe na actualidade e poderá tratar persoalmente e dunha forma máis completa cada unha das actuacións e xestións conxuntas que vaian xurdindo. Así, incrementarase a interacción entre a ONGD e outras axentes de cooperación ao desenvolvemento.

3. Comunicación: Esta área verase reforzada porque se consolidará a canle de comunicación Agareso Radio.

4. Área técnica: Neste área, a persoa contratada traballará, fundamentalmente, dous aspectos:
• O traballo de formación dos membros da ONGD e de profesionais do mundo da comunicación de toda Galicia en materias de cooperación e a formación dos axentes de cooperación en aspectos relacionados coa comunicación.
• Permitirá unha planificación integral de AGARESO moito máis detallada e eficiente e mellorará as distintas fases de identificación, formulación, xestión e avaliación de proxectos. Ademais, deseñará plans de comunicación.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Axentes: 
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
92030 - Apoio a ONGD locais e rexionais
Obxectivos: 

Obxectivo xeral:  Incrementada a capacidade de AGARESO para deseñar e realizar accións de sensibilización e visibilización sobre realidades de inxustiza e exclusión social en Galicia e en países do Sur.
Obxectivo específico: Incrementada a capacidade de AGARESO para poder deseñar e realizar accións de sensibilización na sociedade galega acerca dos proxectos de cooperación realizados dende Galicia con impacto nos países do Sur e doutras situacións de inxustiza e falta de equidade social que se dan en España en xeral e en Galicia en particular; así como a visibilización destas realidades.

Resultados e actividades: 

1. Contratación dunha persoa a tempo completo.
2. Relacións e comunicacións internas cos voluntarios da ONGD.
3. Redacción de proxectos de visiblización, sensibilización e cooperación.
4. Coordinación de proxectos de visiblización, sensibilización e cooperación realizados e da súa difusión entre a cidadanía
5. Rexistro das accións de sensibilización, visbilización e cooperación realizadas e dos seus impactos na cidadanía.
6. Contratación dun servidor para aloxar a web de AGARESO.
7. Contratación dun servidor para aloxar a canle AGARESO radio.
8. IV Convención anual de AGARESO.

Axudas: 

30.000,00 € (2011: 12.000,00 € - 2012: 18.000,00 €)