Proxectos

Fortalecemento dos axentes de cooperación en termos de sostibilidade ambiental

O eixe central de Amigos da Terra desde o seu comezo na Cooperación é o enfoque de sostibilidade que sempre imprime nos seus proxectos, intentamos sempre que sexan integrais, porque todo está íntimamente relacionado, polo que a única forma de abordar os problemas é considera-los como un todo.

Aínda que a sostibilidade ambiental está recollida nos diferentes documentos que rixen a cooperación galega: Lei de cooperación e Plans directores, na realidade tanto os axentes financiadores como os axentes solicitantes de proxectos de cooperación e EpD descoñecen os mecanismos para aplicala, por iso Amigos da Terra facilitará ditas ferramentas de xeito que quede reflexado que a degradación do medio ambiente ten unha relación directa coa situación de pobreza que viven moitas comunidades, polo tanto se o que se pretende é mellorar a calidade de vida desas comunidades, é preciso tamén incidir ou traballar na mellora do seu medio ambiente.

Partendo desta base, Amigos da Terra considera que nesta ocasión a liña na que debemos incidir é fortalecer as capacidade dos demais axentes de cooperación (axentes fianciadores como axentes solicitantes de proxectos), achegándolles as ferramentas necesarias para que saiban como incluir o enfoque de sostibilidade nos proxectos de cooperación e EpD: para elo imos traballar en dous aspectos: por un lado, e en vista da diversidade de conceptos de medio ambiente e do que significa a sostibilidade ambiental nos proxectos, elaboraremos un glosario manual que reuna e aclare todos aqueles conceptos e definicións que teñan que ver coa sostibilidade ambiental e súa inclusión nos proxectos; e por outro lado, tendo en conta a falta de capacidade e o descoñecemento dos axentes de cooperación na inclusión do enfoque de sostibilidade, consideramos preciso desenvolver un programa formativo que incluirá tres módulos que lles permita coñecer como aplicar eses conceptos e criterios de sostibilidade ambiental:

I. Módulo: Introducción á importancia da sostibilidade ambiental nos proxectos de cooperación e de EpD
II. Módulo: Ciclo do Proxecto: Técnicas para incluír a sostibilidade ambiental: Obradoiros prácticos para axentes solicitantes de proxectos (ONGD, sindicatos, universidade, empresa privada)
III. Módulo: Avaliación de proxectos: Técnicas para definir e avaliar os indicadores e criterios de sostibilidade ambiental

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuído á mellora da calidade dos proxectos de cooperación xestionados polo axentes de cooperación galegos na medida en que inclúen e aplican o enfoque de sostibilidade ambiental.

Obxectivo específico: Fortalecidas as capacidades dos axentes da cooperación galega (axentes financiadores e axentes solicitantes de proxectos) en termos de sostibilidade ambiental nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento e EpD.

Resultados e actividades: 

 1.1.1 Diseño e planificación dun curso formativo para os axentes de cooperación (axentes financiadores e solicitantes de proxectos) sobre cómo incluír e aplicar o enfoque de sostibilidade ambiental nos proxectos de cooperación e EpD
1.1.2 Elaboración, dos materiais formativos do curso
1.1.3 Elaboración dos materiais publicitarios do curso
1.1.4 Difusión do curso e xestión de participantes
1.1.5 Realización, implementación e avaliación do curso
1.2.1 Elaboración, deseño e edición e distribución dun glosario - manual de criterios e indicadores de sostibilidade ambiental que deben aplicar os axentes de cooperación nos proxectos de cooperación e EpD

 

Axudas: 

TOTAL: 18.935,00 € (2011: 7.574,00 € - 2012: 11.361,00 €)