Cidadanía global e participación cidadá: da reflexión á acción da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2011-2012
Con este proxecto, Entreculturas (EC) quere dar continuidade ao seu apoio e acompañamento á comunidade educativa galega no labor de promover unha cidadanía global e unha cultura da solidariedade que permita a transformación das realidades de inxustiza e exclusión a nivel global e local. Este apoio realízase a través da Campaña Cidade-Planeta (financiada pola AECID a nivel estatal) centrada tematicamente no curso 2011-2012 na participación cidadá. Esta Campaña alíñase cos programas de educación para o desenvolvemento (EpD) de EC que promoven a formación integral de persoas responsables, críticas, participativas e comprometidas coa transformación social e que favorezan a aparición dunha cultura da solidariedade no Norte. Esta Campaña, ademais, intégrase dentro da proposta de Redes Solidarias Educativas de Entreculturas.
Obxectivo xeral: Fomentada a comprensión e o exercicio dunha cidadanía global comprometida coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza, a promoción do desenvolvemento humano e sostible e o exercicio pleno dos dereitos entre a mocidade e o profesorado de Galicia.
Obxectivo específico: Fomentada entre a mocidade e o profesorado da Rede Solidaria da Mocidade a valoración positiva e o compromiso cidadán cara ao ben común e o desenvolvemento de actitudes, habilidades e experiencias de participación cidadá desde unha perspectiva de cidadanía global durante o curso 2011-2012.
Resultado 1
1.1: Deseñar, planificar e celebrar o XIII Encontro en Rede
1.2: Deseñar, planificar e asistir ao III Encontro Global de Redes Solidarias de Jóvenes
1.3: Difundir e promover a participación de mozos/as e docentes na plataforma educativa REDEC.
Resultado 2
2.1: Deseñar, elaborar e realizar 1 obradoiro de formación en participación cidadá e liderado xuvenil para 20 docentes.
2.2: Deseñar, elaborar e realizar 7 obradoiros de sensibilización sobre participación cidadá e liderado xuvenil para 125 mozos/as.
2.3: Deseñar e planificar o plan de traballo e celebrar 2 xuntanzas do grupo de traballo en educación para o desenvolvemento e a cidadanía global
2.4: Deseñar, organizar e promover “Experiencias en Rede Norte-Sur” entre o alumnado e profesorado
2.5. Difundir a sistematización da Rede Solidaria da Mocidade entre o profesorado e alumnado participante na Rede Solidaria da Mocidade.
Resultado 3
3.1: Deseñar, planificar e executar as 50 actividades de sensibilización, incidencia e mobilización social (experiencias de participación e cidadanía global) contidas nas 15 “Axendas Solidarias”.
Resultado 4
4.1: Coordinar, asesorar, dinamizar e apoiar tecnicamente aos grupos de mozos/as e ao profesorado
4.2: Executar a estratexia de comunicación e difusión pública do proxecto
O marco xeográfico de intervención do proxecto abrangue toda a Comunidade Autónoma galega. O público obxectivo do proxecto estará integrado por 30 profesores/as de ESO e Bacharelato e 300 mozos e mozas de entre 14 e 18 anos de 15 centros educativos galegos.
25.000,00 € (2011: 10.000,00 € - 2012: 15.000,00 €)