Proxectos

Tecendo historias de muller

"Tecendo historias de muller" pretende continuar co proceso de sensibilización sobre equidade de xénero que SIG comezou no ano 2002 coa campaña “Mundo; non é masculino singular” e que continuou con propostas coma “Escravas no século XXI”, “Explotadas”, “Iguais no 2015”, etc.

Con este proxecto SIG pretende, dunha banda, difundir os compromisos internacionais adquiridos no Cumio do Milenio a través do ODM 3: promover a equidade entre os xéneros e a autonomía da muller ao tempo que tratará de promover a toma de conciencia da problemática da desigualdade de xénero e a comprensión das súas causas estruturais, particularmente nos países en vías de desenvolvemento, para así aumentar a vontade de participación no traballo pola equidade de xénero.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Promovida unha sociedade máis crítica e participativa na loita contra a desigualdade de xénero a través do coñecemento dos compromisos adquiridos polo goberno español no cumio do milenio con especial atención ao obxectivo 3.
Obxectivo específico: Coñecida a problemática da desigualdade de xénero particularmente nos países empobrecidos por parte da cidadanía galega.

Resultados e actividades: 

Resultado 1:
1.1. Recompilación, adaptación e deseño de contidos de “Tecendo historias
1.2. Elaboración, deseño e publicidade do libro “Tecendo historias
1.3. Celebración dun acto de presentación do libro “Tecendo historias"
Resultado 2:
2.1. Planificación, coordinación e deseño das intervencións en centros educativos.
2.2. Selección, formación da monitoraxe e implementación dos obradoiros formativos nos centros educativos
2.3. Realización concurso literario entre o alumnado participante.
Resultado 3:
3.1. Selección da compañía para a execución das artes escénicas.
3.2. Planificación, coordinación e execución de 7 propostas escénicas.
3.3. Elaboración, deseño e publicación do material Publi-informativo.

Axudas: 

24.950,00 € (2011: 9.980,00 € - 2012: 14.970,00 €)