Achegar o papel da muller dominicana como axente de desenvolvemento e mellorar o coñecemento da realidade deste país entre a sociedade galega
“Mulleres en Movemento” preséntase como unha campaña de sensibilización que ten como finalidade achegar a toda a cidadanía galega o papel da muller dominicana como axente de Desenvolvemento así como acercar a realidade deste país caribeño e o traballo que ACPP co apoio da Xunta de Galicia realiza dende o ano 2001.
Está destinado a todas aquelas persoas interesadas neste tema, pero especialmente ás mulleres galegas e a xuventude como futuras/os axentes de sensibilización en materia de xénero e desenvolvemento.
Obxectivo xeral: Favorecer entre a cidadanía galega a toma de conciencia social e a comprensión dos fenómenos norte-sur desde unha perspectiva de xénero.
Obxectivo específico: Achegar o papel da muller dominicana como axente de Desenvolvemento e mellorar o coñecemento da realidade deste país e do traballo que ACPP e a cooperación galega realizan no mesmo, entre a sociedade de Galicia.
Resultado 1
1.1 Identificación e constitución do grupo de Mulleres Galegas en Movemento
1.2. Elaboración dos materiais necesarios para as formacións e as sensibilizacións
1.3. Realización das formacións en xénero e desenvolvemento do Grupo de Mulleres Galegas en Movemento.
1.4 Encontros de experiencias e planificación do grupo de Mulleres Galegas en Movemento
Resultado 2
2.1. Planificación dos guións e do plan da viaxe por parte dos autores do cómic e o equipo de ACPP.
2.2 Viaxe dos autores do cómic a República Dominicana para recollida do material
2.3. Elaboración e edición dun cómic sobre a realidade da muller dominicana como axente de desenvolvemento.
2.4. Elaboración e edición dunha unidade didáctica para traballar e reflexionar sobre os contidos do cómic.
Resultado 3
3.1. Organización e xestión da Campaña (difusión, busca e reserva de espazos, contratación de equipos, etc)
3.2. Difusión e distribución dos materiais editados (cómic e unidade didáctica) na rede de centros ESR, EPD, base social, institucións e outros espazos sociais.
3.3. Acto de presentación dos materiais editados.
3.4. Realización dunha charla coloquio sobre xénero e desenvolvemento.
3.5. Representación do obra teatral “Campo de Acción” pola Compañía de Teatro Trécola.
24.835,00 € (2011: 9.934,00 € - 2012: 14.901,00 €)