Proxecto de formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa
O obxectivo específico do proxecto busca aumentar a concienciación e a solidariedade das persoas consumidoras, principalmente da mocidade universitaria, sobre as condicións de vida e de traballo das persoas que confeccionan a roupa que vestimos, principalmente mulleres, e apoiar e difundir as campañas que se realizan a nivel estatal e internacional para aumentar o impacto e incidencia nos distintos actores sociais. Con esta liña de actuacións preténdese contribuír á redución da pobreza, á defensa dos dereitos humanos básicos, á visibilidade da feminización da pobreza no sector do téxtil, á promoción da igualdade de xénero e ao desenvolvemento sostible a través do comercio xusto.
O proxecto busca asentar unha base estable de traballo coa universidade a longo prazo e aumentar a visibilidade e o apoio ás demandas das organizacións do Sur para que melloren as súas condicións de vida. O proxecto establece como liñas de actuación o aumento do coñecemento entre a mocidade, especialmente universitaria, e as persoas consumidoras, sobre a situación de pobreza e violación dos dereitos humanos e laborais nos que viven as persoas traballadoras nas cadeas globalizadas da confección. Dentro do marco do proxecto tamén se establecerá unha liña de fortalecemento de apoio á rede internacional da Campaña Roupa Limpa; promoverase o contacto directo coa situación de inxustiza a través do programa formativo “Xanela Aberta ao Sur”, que posibilitará a visita a organizacións do Sur; e se potenciará a procura e difusión de alternativas a dita situación como son o comercio xusto e o consumo responsable.
Ao longo deste proxecto, traballarase en rede coas organizacións que forman parte da rede internacional da Clean Clothes Campaing, tanto do Norte como do Sur, co apoio ás demandas das organizacións do Sur e a tradución de materiais e investigacións ao galego. Por outra banda, buscarase achegar dun xeito diferente esta temática á mocidade coa realización de dous concertos de apoio á Campaña como experiencia piloto, e a emisión dun spot da Campaña Roupa Limpa. Estas actividades concentraranse na Semana Galega de Comercio Xusto con accións de rúa, visita do Sur e conferencias, entre outras actividades a realizar.
Obxectivo Xeral: Contribuír á redución da feminización da pobreza no sector da confección e ao respecto dos dereitos humanos e laborais para garantir un desenvolvemento sustentable.
Obxectivo Específico: As persoas consumidoras, en especial a mocidade e a comunidade universitaria, toma conciencia da situación de pobreza e da violación dos dereitos humanos das persoas traballadoras da industria global da confección, principalmente mulleres, e se mobilizan para melloralas e coñecen alternativas de consumo responsable para construír outro modelo de consumo máis sostible e respectuoso coas condicións de vida de todas as persoas.
Resultado 1.1.: A comunidade universitaria aumenta a súa formación e sensibilización sobre as causas da feminización da pobreza e as condicións de vida e laborais das persoas que traballan no sector da confección nos países empobrecidos.
Actividades:
A.1.1.1.: Creación dun traballo estable con profesorado especializado das tres universidades vinculado ao noso eixo de traballo: feminización da pobreza no sector do téxtil dos países empobrecidos.
A.1.1.2.: Realización de 6 charlas/obradoiros nas 3 universidades galegas de Santiago, Coruña e Vigo.
A.1.1.3.: Tradución e difusión do informe sobre a impacto da técnica do Sandblasting en China e Bangladesh.
A.1.1.4.: Proxección dun vídeo da Campaña Salarios Dignos nas facultades que teñan pantallas de difusión.
A.1.1.5.: Realización de tres mesas formativas nas facultades da universidade de Santiago e Pontevedra sobre a Campaña Roupa Limpa e de recollida de sinaturas para facerse ciberactivista.
Resultado 1.2.: 160 persoas fórmanse e se sensibilizan sobre as causas estruturais da pobreza, en especial da feminización da pobreza, e sobre o fomento da solidariedade entre os pobos.
Actividades:
A.1.2.1.: Desenvolvemento do programa de Educación e sensibilización “Xanela Aberta ao Sur”.
Resultado 1.3.: Aumenta o coñecemento e o apoio á rede internacional da Campaña Roupa Limpa e as súas campañas como a “Non ao sandblasting” a través do ciberactivismo e das redes sociais.
Actividades:
A.1.3.1.: Crearanse eventos de facebook e un banner de apoio a Campaña Roupa Limpa para facerse ciberactivista e difundirase noutros medios de comunicación en internet.
A.1.3.2.: Organización de dous concertos de apoio ás accións da Campaña Roupa Limpa e recollida de sinaturas en pequenas salas de Pontevedra e Santiago.
Resultado 1.4.: 1.500 persoas coñecen a relación comercio xusto e xénero e as alternativas por un consumo responsable de roupa.
Actividades:
A.1.4.1.: Edición da Publicación número 4 Madeixa: Outra roupa é posible.
A.1.4.2.: Celebración da XII Semana Galega de Comercio Xusto adicado á muller.
Directa: 800 estudantes das universidades galegas formados e sensibilizados sobre as causas da feminización da pobreza; 6 profesores que apoian e colaboran no proceso de sensibilización; 160 persoas formadas e sensibilizadas sobre as causas estruturais da pobreza; 1.500 persoas coñecen a relación entre comercio xusto e xénero, así como as alternativas por un consumo responsable de roupa.
Indirecta: 2.000 persoas pertencentes ao alumnado universitario, 2.500 persoas que reciben información online.
22.827,00 (2012: 7.989,45; 2013: 14.837,55)