Proxectos

Fortalecemento da capacidade financeira de Taller de Solidaridad en Galicia

O presente proxecto aborda a mellora da capacidade financeira da Fundación Taller de Solidaridad en Galicia, reducindo a dependencia da organización dos fondos públicos e tratando de diversificar as fontes de ingreso privadas de xeito que ningún dos aportes privados á mesma represente máis do 30% dos seus recursos.

Para conseguir a meta fixada, o proxecto afronta a posta en marcha dunha campaña de captación de socios e socias que aborde, entre outras cuestións, a análise do perfil das persoas asociadas para definir mellor as actuacións de captación, accións de aumento de cota e de fidelización da base asociativa actual, accións 2.0, así como tamén a formación de persoal asalariado e voluntario en captación de socios e fondos privados. A campaña pretende aproveitar o potencial que supoñen os centros educativos das Siervas de San José, congregación que promove a fundación, como plataformas aglutinadoras de posibles asociados e asociadas.

Asemade, o proxecto inclúe o deseño e a execución dunha campaña comercial para a venda de produtos publicitarios e roupa deportiva dirixida a entidades públicas e privadas, como son centros educativos, asociacións, ONG, clubs deportivos ou escolas municipais. Esta liña de traballo contribuiría tanto ao obxectivo de incrementar a independencia financeira de Taller de Solidaridad como ao de consolidar a súa importadora de comercio xusto, estando ambos obxectivos recollidos no seu Plan Estratéxico 2012-2014.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
TALLER DE SOLIDARIEDADE (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
92010 - Apoio a ONGD nacionais
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Ao menos o 70% dos ingresos de Taller de Solidaridad procede de diferentes fontes externas de financiamento.
Obxectivo Específico: Fortalecida a capacidade financeira privada de Taller de Solidaridad.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Creada e posta en marcha unha campaña de captación de socios e fondos en Galicia.
Actividades:
A.1.1.1.: Deseño de campaña de captación de fondos e socios en Galicia
A.1.1.2.: Realización das materiais de captación de socios e fondos privados.
A.1.1.3.: Formación de persoal e voluntarios en Captación de socios e fondos privados.
A.1.1.4.: Comezo de accións de captación de socios e fondos en Galicia.
Resultado 1.2.: Creada unha campaña de marketing para venda de roupa deportiva e merchandaising de comercio xusto.
Actividades:
A.1.2.1.: Deseño e elaboración dos materiais comerciais.
A.1.2.2.: Comezo das accións comerciais da campaña.
A.1.2.3.: Presentación a medios de comunicación.
A.1.2.4.: Seguimento e coordinación da campaña.

Axudas: 

16528