Mellora dos servizos de atención en saúde Sexual e Reprodutiva e medicamentos esenciais, con énfases nas mulleres indíxenas en 15 distritos de saúde das áreas rurais do Departamento do Quiché. Guatemala
O obxectivo do proxecto é mellorar as condicións de acceso á saúde da poboación da área rural de quince municipios do Departamento do Quiché con énfase nas mulleres indíxenas, a través da mellora da calidade e cobertura de atención con pertinencia cultural dos servizos de saúde sexual e reprodutiva, e medicamentos esenciais. Para iso expón tres compoñentes de traballo: atención en saúde primaria, acceso a medicamentos e fortalecemento organizativo vinculado á saúde.
O primeiro compoñente incide en mellorar as capacidades institucionais para atender ás necesidades en materia de saúde sexual e reprodutiva das mulleres do Quiché, mellorando as capacidades de atención con pertinencia cultural do persoal sanitario, a elaboración dun diagnóstico situacional sobre a mortalidade materna e a saúde sexual e reprodutiva e a elaboración dun protocolo de intervención en saúde sexual e reprodutiva compartido coa rede comunitaria de atención, principalmente, o Colectivo de comadroas tradicionais do Departamento.
A segunda liña de acción fortalece as capacidades de atención do colectivo de comadroas tradicionais, ao habilitar mellores infraestruturas para garantir un traballo de atención adecuado ás mulleres xestantes, fortalecer a súa capacidade e incidencia e estandarizar os seus protocolos de atención a través dun manual en SSR comunitario que estableza parámetros claros de coordinación, referencia e contrarreferencia coa rede institucional.
Finalmente, o terceiro compoñente vai dirixido a mellorar as condicións de acceso a medicamentos esenciais a través dun plan de mellora da capacidade institucional na xestión e subministración de medicamentos, e o fortalecemento da rede comunitaria de subministración de medicamentos, alternativa articulada desde as instancias comunitarias da zona de intervención.
Asociación de Servizos Comunitarios de Saúde (ASECSA)
Obxectivo Xeral: Mellorar as condicións de Acceso á saúde da poboación da área rural do Departamento do Quiché con énfase nas mulleres indíxenas.
Obxectivo Específico: Mellorada a calidade e cobertura de atención con pertinencia cultural dos servizos de saúde sexual e reprodutiva e medicamentos esenciais, con énfases nas mulleres indíxenas, en quince Distritos de Saúde das áreas rurais do Departamento do Quiché.
Resultado 1.1.: Dúas áreas de Saúde do Departamento do Quiché fortalecen as súas capacidades para brindar servizos de saúde sexual e reprodutiva con pertinencia cultural de xeito coordinado coa Rede Departamental de Comadroas Tradicionais.
Actividades:
A.1.1.1.: Elaboración dun diagnóstico participativo para a análise da situación de saúde da poboación indíxena e rural do departamento, enfocado na morbimortalidade materna e a saúde sexual e Reprodutiva.
A.1.1.2.: Edición e distribución pública do manual de SSR para comadroas tradicionais con enfoque intercultural e de xénero.
A.1.1.3.: Desenvolvemento dun plan de mellora formativa sobre prácticas tradicionais en Saúde Sexual e reprodutiva e pertinencia cultural dirixido ao persoal sanitario dos Centros de Saúde.
A.1.1.4.: Elaboración dun protocolo compartido para a atención en saúde sexual e reprodutiva no Departamento de Quiché.
Resultado 1.2.: A Rede de Comadroas Tradicionais do Departamento do Quiché mellorou as súas capacidades para a atención adecuada das necesidades en materia de SSR das mulleres indíxenas nas comunidades de intervención con pertinencia cultural.
Actividades:
A.1.2.1.: Desenvolvemento dun plan de formación e mellora de capacidades para a uniformización de coñecementos e prácticas tradicionais en saúde sexual e reprodutiva, saúde materno infantil e prevención de violencia contra a muller dirixido á Rede Departamental de Comadroas Tradicionais.
A.1.2.2.: Programa de fortalecemento da organización e da capacidade de incidencia política do Consello Departamental de Comadroas e conformación da organización de comadroas da área Ixil.
A.1.2.3.: Capacitación a construtores/as locais en técnicas de construción con adobe sismo resistente.
A.1.2.4.: Desenvolvemento dun Plan de promoción en saúde materna infantil, saúde sexual e reprodutiva e prevención de violencia contra a muller, dirixida a 150 mulleres en idade fértil de 30 comunidades dos municipios de San Juan Cotzal, Nebaj e Chajul do departamento do Quiché.
A.1.2.5.: Acondicionamento do salón comunal do Consello Departamental de Comadroas Tradicionais do Departamento de Quiché. MEDES.
A.1.2.6.: Construción do Temazcal para a casa materna Kichoch Ri Ki Alanik.
Resultado 1.3.: A poboación atendida polas Áreas de Saúde Quiché e Ixil do departamento do Quiché mellora as súas condicións de acceso aos medicamentos esenciais.
Actividades:
A.1.3.1.: Desenvolvemento dun plan de formación e mellora de capacidades dirixidas ao persoal sanitario da rede institucional nos centros de saúde dos quince municipios do departamento do Quiché sobre o uso adecuado de medicamentos esenciais químicos e naturais.
A.1.3.2.: Melloras e ampliación de dúas farmacias e dez dispensarios no municipio de Nebaj da área Ixil do departamento do Quiché.
A.1.3.3.: Mellora de infraestrutura e dotación de medicamentos esenciais químicos e naturais a nove Centros de Saúde de nove municipios do departamento do Quiché.
Directa: 4.969 (58% mulleres).
Indirecta: 180.487 persoas.
210.000,00 (2012: 63.000,00; 2013: 147.000,00)