Abrindo unha xanela ao mundo: dereitos humanos, xénero e comercio xusto
“Abrindo a xanela ao mundo: dereitos humanos, xénero e comercio xusto” é un proxecto de sensibilización destinado principalmente ao ámbito educativo de zonas rurais, que, a través das novas tecnoloxías, accións formativas e traballo con materiais didácticos nas aulas, pretende dar a coñecer as situacións dos países empobrecidos e as causas estruturais da pobreza. Para facelo, utilizaranse como eixo central de todo o proxecto os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, concretamente aos ámbitos de xénero, comercio xusto e dereitos humanos entendidos como elementos transversais a todos os obxectivos.
Trátase de dar continuidade ás accións realizadas en anos anteriores con outros proxectos de sensibilización que contiñan accións dirixidas a docentes, discentes e á poboación en xeral. Para lograr o obxectivo xeral de contribuír á sensibilización da poboación galega sobre a situación dos países empobrecidos, os destinatarios contan cun gran número de materiais xa elaborados que poden traballarse no aula e en espazos non formais como son a páxina web, as exposicións itinerantes en galego, as actividades “Cóntame un conto” e “Iniciativas Xuvenís Solidarias”, o xogo interactivo “A viaxe solidaria” e diferentes materiais didácticos e de difusión como “Abre a xanela ao mundo”. Ademais, dentro do marco do proxecto, levaranse a cabo diferentes cursos online sobre as temáticas especificadas, unha xornada sobre Banca Ética, actividades de formación. O día 5 de decembro, celebrarase en Vigo a gala “Abre a xanela ao mundo” na que participarán as persoas gañadoras dos concursos impulsados ao longo do proxecto así coma o alumnado participante no mesmo. No marco desta actividade realizarase un concerto de música inter-étnica e unha degustación de produtos de comercio xusto para os asistentes.
Obxectivo Xeral: Realizada a información, sensibilización, mobilización e participación da poboación galega sobre a situación dos países empobrecidos profundando nos contidos que abordan os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, facendo fincapé na equidade de xénero e a promoción dos dereitos humanos.
Obxectivo Específico: Informada a poboación galega sobre a situación dos países do Sur a través da análise da figura da muller, as relacións entre países e os dereitos humanos como condicionantes do desenvolvemento dos pobos.
Resultado 1.1.: Ampliado o número de mozos en idade escolar, entre 3 e 21 anos que coñecen a situación dos países do Sur a través do estudo da situación da muller, as relacións comerciais e os dereitos humanos at través do traballo dos materiais didácticos e o uso da páxina web “Abre a xanela ao mundo”.
Actividades:
A.1.1.1.: Planificación das actividades.
A.1.1.2.: Elaboración de materiais didácticos que completan os cartafoles xa elaborados (material de difusión “Abre a xanela ao mundo” material específico concursos, premios gala “abre a xanela ao mundo”).
A.1.1.3.: Contacto con centros educativos de Galicia.
A.1.1.4.: Mantemento e actualización dos concursos e seccións da web “Abre a xanela ao mundo”.
A.1.1.5.: Difusión específica e posta en marcha dos concursos “Cóntame un conto, Curtas con sentido e Iniciativas Xuvenís Solidarias”.
A.1.1.6.: Aplicación dos materiais didácticos en centros educativos e outros espazos.
A.1.1.7.: Intervención directa en centros educativos (aplicación dos materiais, visitas á exposición, sesións “Abre a xanela ao mundo”.
A.1.1.8.: Realización da gala “Abre a xanela ao mundo” no mes de Marzo en Vigo.
A.1.1.9.: Realización dun concerto testemuño no marco da Gala “Abre a xanela ao mundo”.
A.1.1.10.: Degustación de produtos de comercio xusto no marco da gala “Abre a xanela ao mundo”.
A.1.1.11.: Avaliación das actividades.
A.1.1.12.: Comisións de seguimento.
Resultado 1.2.: Formado o persoal docentes, público universitario, persoas voluntarias e calquera persoa interesada en profundar na situación dos países do sur a través dos contidos das campañas.
Actividades:
A.1.2.1.: Planificación das actividades.
A.1.2.2.: Contacto con centros formativos de Galicia.
A.1.2.3.: Preparación das sesións formativas.
A.1.2.4.: Planificación e posta en marcha do curso “Mulleres: protagonistas do desenvolvemento”.
A.1.2.5.: Planificación e posta en marcha do curso “DDHH e ODM”.
A.1.2.6.: Planificación e posta en marcha do curso “Comercio Xusto: alternativa social e económica”
A.1.2.7.: Planificación e posta en marcha da xornada sobre Banca Ética que se celebrará en Santiago de Compostela en maio de 2013.
A.1.2.8.: Avaliación das actividades.
A.1.2.9.: Comisións de seguimento.
Resultado 1.3.: Informada a poboación galega, preferentemente de zonas rurais, sobre a situación dos países do sur a través das actividades incluídas no proxecto.
Actividades:
A.1.3.1.: Planificación das actividades.
A.1.3.2.: Difusión dos proxectos de cooperación que JyD realiza en colaboración da Xunta de Galicia.
A.1.3.3.: Presentación das actividades do proxecto e a Gala “Abre a xanela ao mundo”.
A.1.3.4.: Planificación e posta en marcha do curso “Mulleres: protagonistas do desenvolvemento”.
A.1.3.5.: Planificación e posta en marcha do curso “DDHH e ODM”.
A.1.3.6.: Planificación e posta en marcha do curso “Comercio Xusto: alternativa social e económica”.
A.1.3.7.: Planificación e posta en marcha da xornada sobre Banca Ética que se celebrará en Santiago de Compostela en maio de 2013.
A.1.3.8.: Avaliación das actividades.
A.1.3.9.: Comisións de seguimento.
Directa: Preto de 3.000 alumnos e alumnas da comunidade galega participarán nas actividades do proxecto a través do traballo nas aulas cos cartafoles didácticos, as exposicións e a páxina web “Abre a xanela ao mundo”. Arredor de 200 persoas pertencentes a grupos de docentes, voluntariado ou cooperación internacional beneficiaranse directamente das accións formativas que organiza o proxecto.
Indirecta: Toda a sociedade galega.
25.000,00 (2012: 8.750,00; 2013: 16.250,00)