Proxectos

Fortalecemento das pequenas economías indíxenas e campesiñas das Organizacións de Mulleres da OMICSE, dende a perspectiva da soberanía alimentaria e dos dereitos colectivos

Patria Nueva é un val distribuído en 90 terreos que se atopa nun proceso inicial de potenciamento dos seus recursos produtivos. A través das xestións da comunidade e da OMICSE logrouse construír o sistema de rego. Coa mellora das condicións básicas e do acceso á auga de rego quérese incrementar a produción, reducir a terra non cultivada, incorporar outros cultivos e xeneralizar as cortinas rompe ventos en cada un dos terreos, xerando mellores condicións para a crianza de animais, dende un enfoque de soberanía alimentaria, produción agroecolóxica e equidade de xénero.

Dende os criterios de corresponsabilidade, sensibilidade e recoñecemento ás comunidades responsables do páramo (parte alta de Patria Nova), incorporáronse algunhas accións que contribuirán á protección deste, motivando a participación da nenez e da xuventude do sector.

Se ben a meta a mediano prazo é lograr a sustentabilidade, co proxecto preténdese lograr melloras nos eixes ecolóxico, económico e social. Mellorarase a produción de coelliños de indias e incorporaranse galiñas poñedoras. Traballarase unha proposta de modelo produtivo para a zona e, a través do proceso de incidencia política no goberno local, levarase a cabo unha primeira feira agroecolóxica.

Traballaranse produtos comunicacionais para difundir propostas e logros do proxecto a través de vídeo, trípticos e cartas. Fortalecerase o proceso de formación sociorganizativa para a OMICSE e UNOCANC, prevese que polo menos 15 mulleres e 5 homes repliquen os coñecementos nas súas organizacións e teñan oportunidades para asumir responsabilidades sociopolíticas.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
ECUADOR
Zona de actuación: 
Cotopaxi
Axentes: 
INTERMÓN OXFAM (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Organización de Mujeres Indígenas y Campesinas “Sembrando Esperanza” (OMICSE)

Código CRS: 
31161 - Produción alimentos agrícolas
31163 - Gandeiría
15150 - Fortalecemento sociedade civil
43040 - Desenvolvemento rural
31120 - Desenvolvemento agrario
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír a mellorar as condicións de vida das familias e comunidades indíxenas e campesiñas na provincia de Cotopaxi en Ecuador, con equidade de xénero.
Obxectivo Específico: Fortalecer as pequenas economías indíxenas e campesiñas das organizacións de mulleres da OMICSE, dende a perspectiva da soberanía alimentaria e dos dereitos colectivos.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Melloráronse as condicións para a produción agropecuaria orgánica no sector de Patria Nova, co acceso equitativo de mulleres e homes á auga de rego.
Actividades:
A.1.1.1.: 1 Reunión de traballo entre o equipo técnico do proxecto e as dirixencias de OMICSE e Cotopilaló, para acordar unha axenda de protección de páramos.
A.1.1.2.: Catro talleres de capacitación para a sensibilización e concienciación no coidado dos páramos.
A.1.1.3.: 3 Reunións coa directiva de Cotopilaló para elaborar un regulamento de protección de páramos.
A.1.1.4.: Dotación de 22 alpacas como apoio á protección do páramo en Cotopilaló.
A.1.1.5.: Xira de observación sobre o coidado de páramo, coa participación da nenez e da poboación moza das comunidades.
A.1.1.6.: Tres reunións de planificación para a construción da rede terciaria de rego e sementeira de plantas nativas, sector de Patria Nova.
A.1.1.7.: Construción da rede terciaria da auga para rego por aspersión, sector de Patria Nova.
A.1.1.8.: Dúas reunións de traballo para a elaboración do regulamento do sistema de rego, sector Patria Nova.
A.1.1.9.: Tres talleres sobre operación, administración e mantemento do sistema de rego.
A.1.1.10.: Dous talleres para a elaboración de mapas por cada un dos terreos, ao inicio do proxecto, no sector de Patria Nova.
A.1.1.11.: Elaboración de 20 deseños de terreos no sector de Patria Nova.
A.1.1.12.: Tres reunións de seguimento e monitorización da sementeira de plantas nativas e uso da auga de rego no sector de Patria Nova.
A.1.1.13.: Catro talleres de capacitación sobre terreos integrais orgánicos no sector de Patria Nova.
A.1.1.14.: Xira de observación en agroforestería coa participación da nenez e xuventude da comunidade no sector de Patria Nova.
A.1.1.15.: Dous talleres para a elaboración de mapas por cada un dos terreos, ao final do proxecto, no sector de Patria Nova.
A.1.1.16.: Taller de avaliación dos logros no uso da auga de rego no sector de Patria Nova.
Resultado 1.2.: Existen avances na sustentabilidad dos pequenos terreos agropecuarios orgánicos familiares liderados polas mulleres das organizacións de base da OMICSE.
Actividades:
A.1.2.1.: Elaboración dunha guía para o fortalecemento dos terreos agropecuarios familiares e un folleto sobre manexo de terreos integrais.
A.1.2.2.: 19 reunións de planificación, unha por cada organización de base, para a implementación da guía para o fortalecemento dos terreos agropecuarios familiares.
A.1.2.3.: Un taller de capacitación nas 19 organizacións de base da OMICSE sobre o manexo de terreos agropecuarios familiares.
A.1.2.4.: Dotación de polas poñedoras para 190 terreos.
A.1.2.5.: Comercialización dos ovos en mercados alternativos.
A.1.2.6.: Acompañamento técnico e seguimento a 253 coelleiras das organizacións de base da OMICSE.
A.1.2.7.: Contratación dunha consultoría para deseñar unha proposta de modelo produtivo para as familias campesiñas e indíxenas da zona.
A.1.2.8.: Dúas xiras de observación sobre manexo de terreos integrais.
A.1.2.9.: Elaboración da proposta de incidencia dirixida ao goberno local de Latacunga, para a implementación da feira de produción agropecuaria orgánica.
A.1.2.10.: Dúas reunións de traballo da OMICSE con autoridades do goberno local de Latacunga para negociar e chegar a acordos con relación á feira de produción agropecuaria.
A.1.2.11.: Organización da primeira feira de produción agropecuaria orgánica.
A.1.2.12.: Taller de avaliación dos logros na aplicación da guía de fortalecemento de terreos.
Resultado 1.3: Fortalecéronse as capacidades socio organizativas e de liderado colectivo da OMICSE, para posicionar a súa axenda.
Actividades:
A.1.3.1.: Elaboración da proposta de formación socio-organizativa por parte do equipo da OMICSE e UNOCANC.
A.1.3.2.: Catro reunións de traballo entre a OMICSE e a UNOCANC para actualizar e complementar as propostas de auga, terra, soberanía alimentaria e dereitos colectivos.
A.1.3.3.: Oito talleres da escola de formación socio-organizativa coas dirixentes das organizacións de base da OMICSE e delegadas/os das comunidades filiais da UNOCANC, desenvolvemento de catro módulos.
A.1.3.4.: 40 sesións de réplica das persoas que participan na formación socio-organizativa, nas súas organizacións.
A.1.3.5.: Participación en seis eventos: asembleas, reunións provinciais, rexionais e nacionais convocadas por MICC, Ecuarunari e Conaie. Representación da OMICSE e UNOCANC.
A.1.3.6.: Elaboración de produtos comunicacionais para visibilizar as propostas da OMICSE: unha publicación, un vídeo e trípticos.
A.1.3.7.: Participación en tres eventos doutros espazos convocados por organizacións sociais. Representación da OMICSE e da UNOCANC.
A.1.3.8.: Organización de tres foros de discusión sobre a auga, a terra e a soberanía alimentaria, coa participación de actorías locais e rexionais.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.163 (71.33% mulleres).
Indirecta: 4.652 persoas.

Axudas: 

175.000,00 (2012:52.500,00; 2013:122.500,00)