Proxectos

Articulación comunitaria para contribuír á redución do risco de desastres no Distrito de Belle-Anse, Departamento Sudeste. Haití

As características xeográficas de Haití e o impacto da actividade humana no seu entorno teñen anulado case na súa totalidade a produtividade do país, formado nas súas tres cuartas partes por terreo montañoso, mentres que as chairas están formadas por terras deforestadas, completamente estériles hoxe en día. Neste contexto, ao redor do 80% da poboación se atopa sumida na pobreza, convertindo a este país no máis pobre de toda América Latina. Así mesmo, a porcentaxe de pobreza extrema é do 54%, o que implica que 4.450.000 habitantes viven con menos dun dólar ao día. Por outra banda, cerca do 70% da poboación haitiana depende da agricultura, a cal se basea na agricultura de subsistencia a pequena escala e que emprega a preto das dúas terceiras partes da illa.

Motivada pola súa localización, Haití sufriu un total de 10 catástrofes naturais nos últimos vinte anos, sendo a última delas o terremoto do ano 2010 que causou máis de 200.000 vítimas e tivo graves consecuencias para a práctica totalidade da poboación. A pobreza, a degradación ambiental e a inseguridade alimentaria constitúen en Haití un círculo vicioso que destrúe as posibilidades de desenvolvemento do país. Por iso, o presente proxecto ten como obxectivo contribuír á redución da vulnerabilidade fronte a desastres e ao reforzo organizativo no Distrito de Belle Anse. Para conseguilo, fomentarase a cultura da prevención e redución de riscos entre a poboación.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HAITÍ
Zona de actuación: 
Departamento do Sureste
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

Coordination Regionale deas Organisation du Sud Est (CROSE)

Código CRS: 
74010 - Prevención de desastres
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á redución do risco de desastres na conca de Mapou, Distrito de Belle-Anse, Departamento do Sudeste de Haití.
Obxectivo Específico: Reforzar as capacidades físicas, familiares e comunitarias fronte ao risco de desastres na conca de Mapou, Departamento do Sueste de Haití, asegurando a integración de homes e mulleres nas accións de protección e mitigación.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Preparación. Intensificada a cultura de seguridade fronte a Riscos e Desastres en Belle Anse.
Actividades:
A.1.1.1.: Sensibilización á poboación do distrito de Belle Anse, incluídos 600 escolares e 12 docentes, para facer fronte a riscos e desastres.
A.1.1.2.: Fortalecemento e apoio ao funcionamento dos Comités de Xestión de riscos e desastres en Belle Anse.
A.1.1.3.: Deseño e aplicación de enquisas CAP (Capacidades, Actitudes e Prácticas).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 652 persoas (50% mulleres).
Indirecta: 50.217 (50% mulleres).

Axudas: 

32919,5