Proxecto sanitario nos campamentos de persoas refuxiadas saharauís
O presente convenio tivo por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) no proxecto sanitario nos campamentos de persoas refuxiadas saharauís. O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar as condicións de vida da poboación refuxiada saharauí garantindo o acceso a unha atención sanitaria de calidade.
Ministerio de Saúde Pública Saharauí
Obxectivo Xeral: Contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí.
Obxectivo Específico: Melloradas as condicións de saúde de 6.000 habitantes de Ausserd mediante o abastecemento de material e a capacitación sanitaria.
Resultado 1.1.: Mellorado o funcionamento dos hospitais de Rabumi e Ausserd e dos distintos dispensarios.
Resultado 1.2.: Mellorada a execución das prácticas e técnicas sanitarias actuais e mellora na calidade de atención aos pacientes a través da formación e motivación do persoal sanitario local con axuda de incentivos.
Resultado 1.3.: Sensibilizada a poboación sobre hixiene e hábitos de vida saudables a través de distintas xornadas orientativas.
Resultado 1.4.: Brindada unha atención sanitaria de calidade á poboación, especialmente a mulleres e nenos/as, a través da comisión médica desprazada.
Directa: 6.000 persoas
70708