Proxectos

Investigación e sensibilización sobre a problemática da actividade acuícola insustentable e promoción de alternativas artesanais baseadas na economía social: pontes entre Golfo de Fonseca (Centroamérica

Investigación e sensibilización sobre a problemática da actividade acuícola insustentable e promoción de alternativas artesanais baseadas na economía social: pontes entre Golfo de Fonseca (Centroamérica) e Galicia

Ano: 
2013
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Abordada a xestión sustentable dos recursos mariños como problemática global, protagonizada polos actores locais que traballan con tecnoloxías tradicionais de baixo impacto e con enfoque de economía social.
Obxectivo específico: Impulsado un proceso de investigación para o desenvolvemento sobre o impacto da actividade acuícola industrial nos ecosistemas mariños do Golfo de Fonseca, abordado dende unha perspectiva global e local que promova a defensa da actividade artesanal de baixo impacto e o consumo responsable, tanto en Galicia como nas zonas do sur de Honduras e O Salvador e noroeste de Nicaragua.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Definido e divulgado o impacto nas cubertas naturais de bosques de manglar e bosque secundario da actividade acuícola industrial.
Actividades:
A.1.1.1.: Obtención de imaxes de satélite e cartografía de auxiliar de comprobación (límites administrativos, de zonas protexidas, cartografía temática, etc.) da zona de estudio nos tres países.
A.1.1.2.: Aplicación de metodoloxía de detección de cambios de cubertas obtida en estudios previos.
A.1.1.3. Comprobación no terreo dos resultados dos cálculos coas imaxes de satélite.
A.1.1.4. Depuración de resultados e elaboración da cartografía no LaboraTe.
A1.1.5. Publicación e difusión dos resultados.
RESULTADO 1.2: Impulsado o traballo en rede para a defensa da xestión sustentable dos recursos mariños con actores de Galicia e do Golfo de Fonseca como xeito de promover a cidadanía global.
Actividades:
A.1.2.1: Mapeo de actores no eido da pesca/marisqueo artesanal en Galicia e establecemento de contactos.
A.1.2.2: Mapeo de actores no eido da pesca artesanal na rexión do Golfo de Fonseca e establecemento de contactos.
A.1.2.3: Creación dunha rede de traballo para a defensa da xestión sustentable dos recursos mariños entre actores de Galicia e o Golfo de Fonseca.
A.1.2.4: Organización de xornadas de intercambio de experiencias sobre Xestión sustentable de recursos mariños.
A.1.2.5: Mapeo de actores no eido da restauración ecolóxica de ecosistemas de manglar degradados pola actividade pesqueira intensiva no Golfo de Fonseca.
RESULTADO 1.3: Fomentado o coñecemento sobre alternativas de produción e
consumo responsable de produtos pesqueiros na sociedade galega.
Actividades:
A.1.3.1: Elaboración e difusión dunha campaña de Nadal sobre consumo responsable de camarón.
A.1.3.2: Estudio sobre tecnoloxías tradicionais de pesca en Galicia e Honduras con enfoque de xénero.
A.1.3.3: Campaña de difusión da problemática da pesca artesanal en Galicia e na rexión do Golfo de Fonseca.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 500 ( 50% mulleres)
Indirecta: 1.000.000
 

Axudas: 

39.913,00 (2013:15.965,20 ; 2014:23.947,80)