Investigando na educación para o desenvolvemento: un estudio de caso sobre a implementación do proxecto
Este proxecto pretende facer unha reflexión rigorosa sobre as prácticas xeradas e a experiencia socioeducativa da implementación do proxecto de EpD “O tesouro de Acahualinca”, a través da realización dunha investigación centrada nunha análise comparativa de carácter descritiva dos proxectos de EpD e na realización dun estudo de caso sobre o citado proxecto, para xerar coñecemento que permita mellorar a práctica.
Obxectivo Xeral: Mellorado o impacto da Educación para o Desenvolvemento en Galicia.
Obxectivo Específico: Xerado coñecemento a través da investigación dos proxectos de Educación para o Desenvolvemento xestionados por Solidariedade Internacional de Galicia.
Resultado 1.1: Analizados os proxectos de EpD de Solidariedade Internacional de Galicia dende o ano 2002 ata o 2012.
Actividades:
A.1.1.1: Análise comparativa dos proxectos de educación para o desenvolvemento implementados por Solidariedade Internacional de Galicia.
Resultado 1.2: Realizado un estudo de caso do proxecto de EpD “O tesouro de Acahualinca”.
Actividades:
A.1.2.1: Realización de una investigación con estudio de caso do proxecto “O Tesouro de Acahualinca”
Resultado 1.3: Difundida a investigación de “O tesouro de Acahulinca” entre o sector da cooperación galega e o sector educativo.
Actividades:
A.1.3.1: Difusión do resultado do estudo a través dun acto no que estará presente Solidariedade Internacional de Galicia e o equipo de investigación.
Directa: 1235 ( 829 mulleres)
Indirecta: 1125
24.287,00 (2013: 9.714,80; 2014: 14.572,20)