Proxectos

Fortalecemento da resiliencia de nenos e nenas desprazados e das comunidades de acollida, a través do incremento e mellora do acceso e participación nunha educación de calidade e de actividades de redución do risco de conflito en Sudán do Sur

 

Sudán do Sur é o país de máis recente creación e un dos países máis pobres e menos desenvolvido do mundo. Está afectado por continuas crises o que xerou enormes necesidades humanitarias. A maior parte da poboación ten grandes dificultades para cubrir as súas necesidades básicas. A inseguridade alimentaria é unha das grandes preocupacións do país, afectando á metade da poboación, a malnutrición é crónica na maioría das rexións. A situación de violencia e desprazamento que sofre o país agravou a difícil situación educativa xa existente con baixos niveis de matriculación, limitada participación de nenas nas escolas e infraestruturas deficientes. A crise creou un desafío para o estado: facer fronte ás novas necesidades educativas e impedir que esta xeración de nenas/os perdan o ano escolar e oportunidades no futuro.

 

 

 

 

 

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
SUDÁN DO SUR
Axentes: 
PLAN INTERNACIONAL ESPAÑA
Contraparte: 

PLAN Sudán do Sur

Código CRS: 
72010 - Apoio enfoque VARD
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Fortalecemento da resilencia de nenos e nenas desprazadas e das comunidades de acollida, a través do incremento e mellora do acceso e participación nunha educación de calidade e actividades de redución do risco de conflito.
Obxectivo Específico: Os nenos e nenas desprazados pola violencia en Sudán do Sur teñen acceso a unha educación e aprendizaxe de calidade a través da provisión de infraestruturas e fortalecemento das capacidades dos axentes educativos

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Máis de 800 crianzas afectadas polo conflito, incluídos 600 (300 nenos e 300 nenas) desprazadas, teñen acceso a espazos de aprendizaxe e dispoñen dos estándares mínimos de lNEE e directrices gobernamentais.
Actividades
A1.1.1: Establecemento e posta en marcha de 8 Espazos Educativos Temporais (TLS)
A1.1.2: Equipamento de 8 Espazos Educativos Temporais (TLS)
 
Resultado 1.2: Melloradas as capacidades dos nenos e nenas obxectivo, familias, comunidades e diferentes axentes educativos en prevención de conflitos, redución de risco de conflito e construción de paz
Actividades
A 1.2.1: Establecemento e/ou fortalecemento de 12 Asociacións de Pais e Profesores (PTA), 3 por escola, formación en xestión de escolas, educación inclusiva, protección infantil e apoio psicosocial (52 persoas, 13 por PTA).
A1.2.2: 48 Profesores/as formadas nas escolas en apoio psicosocial, habilidades para a vida, xestión de clases e escolas, xestión de castigos alternativos e redución de desastres.
A1.2.3: Creación de Clubs infantís ou fortalecemento dos clubs xa existentes a través da formación dos seus membros (22 por cada club) e o desenvolvemento de actividades
A 1.2.4: 2 reunións mensuais con 20 axentes educativos responsables para apoiar as políticas educativas e a implicación destes axentes na promoción da educación das nenas e o fomento da contratación de profesoras.
 

 

Poboación beneficiaria: 

 
Directa: Un total de 848 persoas, das cales 400 son nenas, 400 nenos, 24 son mulleres e 24 homes.
Indirecta: Un total de 8.000 persoas, das cales 4.000 son mulleres e 4.000 homes.

Axudas: 

70.000 € (2014)