Proxectos

Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras

O proxecto insírese dentro dun programa máis amplo, deseñado de xeito modular para garantir que as actuacións non queden inconclusas no caso de non acadar novas fontes de financiación. Coa proposta que se presenta preténdese fortalecer as capacidades locais e a participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico nos 7 municipios da Mancomunidade de NASMAR, a través do fortalecemento das capacidades dos titulares de obrigacións para mellorar a xestión dos recursos hídricos y do impulso de procesos participativos de desenvolvemento comunitario en materia de auga e saneamento que garantan a viabilidade e sostibilidade dos proxectos, fomentando a inclusión da poboación, con especial énfase nas mulleres, nos espazos de decisión, e posibilitando que sexa os titulares de dereitos os protagonistas do seu propio desenvolvemento. Así mesmo, faranse os PXIRH comunitarios de tres núcleos rurais na municipalidade de El Triunfo (unha das que ten máis problemas no acceso a auga da mancomunidade) cunha dobre finalidade, dunha banda como parte da formación práctica en PXIRH ao persoal técnico das municipalidades e socios locais, e doutra para reforzar e consolidar o enfoque participativo na metodoloxía do PXIRH con respecto as actuacións anteriores levadas a cabo por ESF Galicia.

 

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Valle (departamento)
Choluteca (departamento)
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Contraparte: 

Mancomunidad de los municipios del sur NASMAR/ Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Sistemas de Agua (AHJASA)
 

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Ampliado o acceso a auga potable e saneamento da poboación rural do sur de Honduras como dereito humano básico, mediante a xestión integrada do recurso hídrico con enfoque de cunca hidrográfica.
Obxectivo específico: Fortalecidas as capacidades locais e a participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico nos 7 municipios da Mancomunidade de NASMAR, Honduras
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Fortalecidas as capacidades de titulares de obrigacións para a xestión integral do recurso hídrico en 7 municipios do Golfo de Fonseca
Actividades
A.1.1: Formación na metodoloxía para a elaboración de Plans de Xestión Integral de Recurso Hídrico municipais
A.1.2: Formación de técnicos da Universidade Nacional Autónoma de Honduras para a capacitación intensiva sobre a aplicación gvSIG-Fonsagua
A.1.3: Formación no uso de gvSIG Fonsagua ao persoal técnico das 7 municipalidades da Mancomundidade NASMAR e socios locais
A.1.4: Sistematización do proceso de elaboración do PXIRH en Honduras
A.1.5. Acondicionamento de laboratorio para o control da calidade da auga.
A.1.1.6. Promoción do Comité Municipal de Auga Potable e saneamento (COMAS) en El Triunfo.
A.1.7. Capacitación do persoal técnico de municipalidades, socios locais e ESF en xénero.
A.1.8. Mellora da ferramenta gvSIG Fonsagua.

Resultado 1.2: Impulsados procesos participativos de desenvolvemento comunitario en materia de auga e saneamento en comunidades rurais do municipio de El Triunfo.

Actividades
A.2.1. Presentación do PXIRH nas comunidades piloto
A.2.2: Organización de equipos de traballo comunitarios para levantamento de información.
A.2.3: Recompilación e levantamento de información técnica e social nas comunidades piloto
A.2.4. Elaboración e socialización de PXIRH comunitarios e estudios técnicos nas comunidades piloto.
A.2.5. Conformación das Xuntas de Auga das comunidades Piloto
A.2.6. Módulos formativos para o fortalecemento de xuntas de auga, incluíndo o enfoque de xénero.
A.2.7. Realización de un vídeo sobre as experiencias obtidas en materia de auga e saneamento.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa está constituída polo persoal técnico das sete Alcaldías que conforman a Mancomunidade de NASMAR (San Lorenzo, Goascorán, Amapala, Nacaome, Namasigüe, Marcovia e El Triunfo), así como o propio persoal contratado dos socios locais, a Mancomunidade de NASMAR e AHJASA, que recibirán as capacitacións en metodoloxía PXIRH, gvSIG Fonsagua e xénero, en total 20 persoas (2 por alcaldía, 3 de NASMAR e 3 de AHJASA).
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta serán os habitantes dos sete municipios que conforman a Mancomunidade NASMAR (203.900 persoas)

 

Axudas: 

99.095,00 € (2014)