Proxectos

Promoción do dereito á alimentación, soberanía alimentaria e gobernanza local, a través do fortalecemento das capacidades de campesiños e campesiñas nos municipios de San Lorenzo e Nacaome, departamento de Valle, Honduras

A presente proposta pretende buscar complementariedade coas actividades que CODDEFFAGOLF e ESF Galicia veñen desenvolvendo na zona, no marco do proxecto “Fortalecemento da organización, alianzas e a produción agropecuaria de grupos campesiños para mellorar a seguridade alimentaria nos municipios de Nacaome e San Lorenzo, Honduras”, que se esta a levar a cabo desde 2013 coa financiación da Unión Europea. Deste xeito, puideron identificarse accións complementarias para reforzar e crear sinerxías. Dunha banda, pretendese capacitar os membros de 10 asociacións de pequenos/as produtores/as na adopción de boas practicas organizativas, que permita mellorar o desempeño organizacional e a planificación, así como a promoción de novos liderados orientados ás mulleres e mozas/os. Así mesmo, impulsaranse eventos rexionais para promover a gobernanza en temas transcendentais para a soberanía alimentaria, como son o acceso a terra e recursos produtivos, e as consecuencias da expansión de actividades como a minería, as Zonas Económicas de Desenvolvemento (ZEDE), etc.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Valle (departamento)
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
Contraparte: 

Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF)
 

Código CRS: 
41081 - Educación / formación medioambiental
43040 - Desenvolvemento rural
31120 - Desenvolvemento agrario
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellorada a soberanía alimentaria e o acceso o dereito de alimentación das poboacións en situación de vulnerabilidade do sur de Honduras.
Obxectivo específico: Promovido o dereito a alimentación, soberanía alimentaria e gobernanza local a través do fortalecemento das capacidades de campesiños e campesiñas nos municipios de San Lorenzo e Nacaome, departamento de Valle, Honduras
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Fortalecidas as capacidades organizativas de liderado e incidencia de agricultores e agricultoras de Nacaome e San Lorenzo potenciando o asociacionismo e o traballo en rede con enfoque xénero e mocidade.
Actividades
A.1.1.1: Módulos de formación e mecanismos de incidencia para promotores/as rurais con énfase en mulleres e mozas/os.
A.1.1.2: Fortalecemento organizativo a unha rede de agricultores/as para a súa incidencia en espazos de toma de decisións.
A.1.1.3: Encontros rexionais para promover a sensibilización da poboación en torno ás políticas e estratexias de desenvolvemento, e a soberanía alimentaria
A.1.1.4 Estudo sobre o acceso á terra e medios de produción con enfoque de xénero e mocidade.
Resultado 1.2: Mellorada a sustentabilidade e a diversificación dos sistemas de produción familiar con énfase na planificación produtiva e no enfoque agroecolóxico.
Actividades
A.1.2.1: Implementación de dúas escolas de campo (ECAS) para mozos/as e mulleres
A.1.2.2: Instalación de sistemas de rego
A.1.2.3 Mellora participativa de variedades criollas de millo en San Lorenzo, Nacaome.
A.1.2.4 Módulos para a cría e manexo de aves
A.1.2.5 Establecemento de 15 hectáreas de cultivos froiteiros baixo sistema agroforestal
Resultado 1. 3: Promovidas iniciativas empresariais locais con enfoque de cada de valor e creadas as estruturas e capacidades de organización pertinentes.
Actividades
A.1.3.1 Módulos de desenvolvemento empresarial.
A.1.3.2 Fondo rotatorio para desenvolvemento de iniciativas económicas, especialmente de mulleres e mozas/os
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: a poboación beneficiaria directa do proxecto esta integrada por:100 familias que forman parte de 10 estruturas organizativas de agricultores e agricultoras nos municipios de San Lorenzo e Nacaome; A alcaldía de San Lorenzo; A alcaldía de Nacaome; Socio local CODDEFFAGOLF; Poboación asistente aos encontros que promoven a soberanía Alimentaria; Poboación asistente as charlas de sensibilización en Galicia.
Indirecta: a poboación beneficiaria indirecta do proxecto conformarana o total dos habitantes dos municipios de San Lorenzo e Nacaome, xa que as accións executadas repercutiran na diminución da contaminación do medio ambiente, e no acceso a alimentos mais diversificados e saudables nos mercados locais.
 
 

Axudas: 

69.831,00 € (2014)