Cambio social para a protección das nenas e adolescentes na Rexión de Maradí, Níxer
O presente proxecto desenvólvese no marco dun programa máis amplo a 32 meses, e que conta co financiamento da Axencia Vasca de Cooperación ao Desenvolvemento, e que finaliza en agosto 2015. O financiamento solicitado á Xunta de Galicia, contribuirá á execución prevista en 2014. UNICEF Níxer expón abordar de forma integral esta discriminación cara ás nenas e xerar procesos de cambio en 63 comunidades do departamento de Madarounfa (rexión de Maradi). Para iso, pretende fortalecer as capacidades locais, con especial énfase nas adolescentes, para que, a través da súa capacitación e abrindo espazos para a súa participación, poidan ser axentes de cambio.
UNICEF- Níger
Obxectivo xeral: Mellorar a supervivencia, desenvolvemento e protección da infancia, con especial incidencia sobre as cuestións que afectan ás adolescentes, na rexión de Maradi.
Obxectivo específico: Conseguir a adopción de prácticas e normas sociais adecuadas en materia de protección e educación das adolescentes e de supervivencia da infancia nun proceso liderado e xestionado pola comunidade, especialmente polas adolescentes, en 63 pobos da comuna de Sarkin Yamma na rexión de Maradi
Resultado 1.1: As adolescentes dos 63 pobos seleccionados actúan como axentes de cambio en cuestións de protección, educación e supervivencia da infancia.
Actividades
A.1.1: Formación das adolescentes en materia de dereitos humanos, prexuízos do matrimonio prematuro e violencia de xénero.
A.1.2: Capacitación das adolescentes en técnicas de facilitación.
A.1.3: Encontros para a elaboración polas propias adolescentes dun argumentario de base para a incidencia en educación das nenas.
Resultado 1.2: As comunidades, familias, adolescentes e líderes tradicionais recibiron formación sobre Practicas Familiares Esenciais, dereitos da infancia e protección das nenas, están a favor da súa adopción na vida diaria e controlan a súa implantación a nivel comunitario.
Actividades
A.2.1: Elaboración dun autodiagnóstico comunitario participativo.
A.2.2: Elaboración dun plan de acción comunitario.
A.2.3: Formación dos participantes no programa (axentes, animadores, líderes comunitarios, familias e adolescentes).
A.2.4: Celebración de reunións comunitarias e visitas a fogares para valorar avances.
A.2.5: Posta en marcha de comités de protección en cada un dos pobos e reunións periódicas de seguimento.
A.2.6: Actos de celebración de compromisos adquiridos e aplicados polas comunidades
Resultado 1.3: A poboación das comunidades de intervención está sensibilizada e mobilizada respecto da supervivencia, protección e educación da infancia e a adolescencia, grazas á realización de campañas con alta participación das adolescentes.
Actividades
A.3.1: Realización de microprogramas, crónicas radiofónicas e transmisións públicas sobre PFE e protección e educación.
A.3.2: Organización de actos de cinema móbil, teatro comunitario e marionetas.
Directa: O proxecto vai dirixido principalmente a 1.260 mozos adolescentes dos 63 pobos da comuna de Sarkin Yamma no departamento de Madarounfa na rexión de Maradi, Níxer. 5.142 fogares serán receptores das campañas de sensibilización e mobilización social, así como das actividades en materia de promoción de cambios de comportamento en materia de supervivencia da infancia, protección e educación das nenas. 130 líderes comunitarios, 204 axentes comunitarios, 2 supervisores, 4 animadores e animadoras e 1 punto focal implementarán as accións previstas na presente proposta, xunto coas adolescentes participantes.
Indirecta: non hai información.
70.000,00 € (2014)