Proxectos

Creando cidadanía global; un reto na axenda post 2015

Este proxecto conta con dúas ideas forza que dirixirán toda a posta en marcha: o traballo na educación formal que terá a característica de ser coordinado, colaborativo e participado entre SI Galicia e os centros educativos que se embarquen nesta aventura, e a intención de ser un proxecto de incidencia política, xa que nos levará a participar de forma axeitada en diferentes contextos onde se discuten, definen e negocian temas relacionados co benestar (en tódolos planos) das persoas.
"Creando cidadanía global; un reto na axenda Post 2015" é unha iniciativa que se levará acabo en 10 centros de ensino secundario de Galicia nos que a partir dun diagnostico previo entre a organización e o profesorado participante, o proxecto formará parte dos contidos da materia Ético- Cívica impartida no 4º curso da ESO. Por primeira vez SI Galicia pretende que o proxecto de EpD estea dentro da materia curricular.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á formación integral das/os xóvenes galegas/os a través da educación para o desenvolvemento.
Obxectivo Específico: Axudando a desenvolver na poboación galega e nos/as xóvenes galegos/as de secundaria xunto co seu profesorado actitudes (solidarias, tolerantes, participativas...) par exercer a cidadanía global.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Facilitado o encontro para a planificación do traballo nos centros coñecendo a programación de aula para introducir o proxecto de EpD no currículo da materia ético- cívica co profesorado participante.
Actividades
A1.1.1 Diagnose mixta

Resultado 1.2: Analizando o concepto de cidadanía global e coñecidos os conceptos de globalización, cooperación, desenvolvemento humano sostible a través dos ODM.
Actividades
A1.2.1:Planificación e deseño da intervención nos centros educativos
A1.2.2:Selección e formación das educadoras/es que realizarán os obradoiros
A1.2.3: Realización do 1º obradoiro nos centros
A1.2.4: Realización do 2º obradoiro nos centros
A1.2.5: Realización do 3º obradoiro nos centros

Resultado 1.3: Creada unha acción participativa por parte do alumnado que se desenvolverá nun acto de cara la campaña electoral do ano 2015
Actividades
A1.3.1: Realización da acción participativa (produto solidario)
A1.3.2: 3 accións de rúa na que voluntariado de SI Galicia fará incidencia política coa cidadanía galega

Resultado 1.4: Xestionados os coñecementos sobre a experiencia de cara á aprendizaxe colectiva para a introdución da EpD por parte da ONGd na materia ético-cívica.
Actividades
A1.4.1: avaliación mixta final

 

Poboación beneficiaria: 

Directa: Un total de 3.020 persoas, das cales 1.251 son mulleres, 1.169 homes, 294 nenas e 306 nenos.
Indirecta: Un total de 3.720 mulleres e 2.470 homes.
 
 

Axudas: 

21.334 €; 8.533,60 € (2014) e 12.800,40€ (2015)