Plan de mellora estratéxica e de xestión de Amarante Setem
Este proxecto ten como obxectivo contribuír a unha sociedade galega máis comprometida co consumo responsable e solidariedade contra as inxustizas sociais; para isto Amarante pretende desenvolver un plan de mellora da organización que asegure a sustentabilidade e a efectividade da organización e da súa xestión nos próximos anos nos seus ámbitos estratéxicos de traballo. Os resultados que se pretenden acadar son: un novo plano estratéxico con perspectiva de xénero; fortalecer a base social de Amarante estratexicamente e as súas áreas de traballo de educación e cooperación para o desenvolvemento; mellorar a comunicación interna/externa a través de novas ferramentas comunicativas e aumentar a súa independencia económica nun 20% mediante a incorporación de novos clientes á distribuidora de comercio xusto e abrir novas liñas de traballo coa administración publica a través da compra publica responsable.
Obxectivo Xeral: Contribuír a unha sociedade galega máis comprometida co consumo responsable e solidariedade contra as inxustizas socias
Obxectivo Específico: Desenvolver un plan de mellora da organización que asegure a sustentabilidade e a efectividade da organización e da súa xestión nos próximos anos nos seus ámbitos estratéxicos de traballo.
Resultado 1.1: Amarante conta cun novo plano estratéxico con perspectiva de xénero
Actividades
A1.1.1: Elaboración do plano estratéxico
Resultado 1.2: A base social de Amarante se fortalece estratexicamente e as súas áreas de traballo de educación e cooperación para o desenvolvemento.
Actividades
A1.2.1: Formación do grupo de traballo de educación para o desenvolvemento. Participación IV Congreso de Educación para o Desenvolvemento
A1.2.2: Formación da base social e do grupo de traballo do comité de apoio ó MST e o de Solidariedade en materia de dereitos humanos, xénero e redes transfronterizas.
A1.2.3: Difusión a toda a base social das formacións como soporte para a o plano estratéxico
Resultado 1.3: Amarante mellora a súa comunicación interna/externa a través de novas ferramentas comunicativas.
Actividades
A1.3.1: Elaboración dun plan de mellora da comunicación interna/externa e renovación das ferramentas de comunicación priorizando unha nova web de Amarante
Resultado 1.4: Amarante aumenta a súa independencia económica nun 20% mediante a incorporación de novos clientes á distribuidora de comercio xusto e abre novas liñas de traballo coa administración publica a través da compra publica responsable.
Actividades
A1.4.1: Abrir novas liñas de comercialización da distribuidora de comercio xusto priorizando o campo da compra publica responsable coas administracións
24.423 €; 8.169,20 € (2014), 12.253,80 € (2015)