Proxecto de mellora da eficacia dos mecanismos internos de ASF Galicia
O obxectivo deste proxecto é promover o desenvolvemento humano equitativo e sostible, a través da mellora da habitabilidade e a defensa do dereito das persoas a un hábitat digno, incidindo en especial nos colectivos desfavorecidos, mellorando a eficacia dos mecanismos internos da organización, adaptándose ás novas realidades externas e internas, para o mellor desenvolvemento da misión. Preténdese
incorporar novas formas de organización interna que melloran a súa eficacia e o rendemento do voluntariado, persoal contratado e Xunta Directiva; mellorar as capacidades do voluntariado, persoal contratado e Xunta Directiva de ASF-Galicia melloran para facer fronte ás novas demandas en relación coas problemáticas do hábitat; e que ASF-Galicia visibilice cara o exterior as dinámicas de equidade de xénero que se están a levar a cabo no interno da organización
Obxectivo Xeral: Promover o desenvolvemento humano equitativo e sostible, a través da mellora da habitabilidade e a defensa do dereito das persoas a un hábitat digno, incidindo en especial nos colectivos desfavorecidos.
Obxectivo Específico: Mellorar a eficacia dos mecanismos internos da organización, adaptándose ás novas realidades externas e internas, para o mellor desenvolvemento da misión.
Resultado 1.1: ASF-Galicia incorpora novas formas de organización interna que melloran a súa eficacia e o rendemento do voluntariado, persoal contratado e Xunta Directiva.
Actividades
A1.1.1: Programa de avaliación interna e reestruturación da entidade a través dun proceso de coaching de equipo e de formación na xestión do cambio.
Resultado 1.2: O voluntariado, persoal contratado e Xunta Directiva de ASF-Galicia melloran as súas capacidades para facer fronte ás novas demandas en relación coas problemáticas do hábitat.
Actividades
A1.2.1: Elaboración do Plan de Formación de voluntariado de ASF Galicia para o bienio 2014-15 coordinado cos outros axentes da cooperación galega.
A1.2.2: Formación en metodoloxías participativas aplicadas a xestión social do hábitat desde unha perspectiva de xénero.
A1.2.3: Formación en prácticas sobre materia de dereito a vivenda
A1.2.4. Formación grupal en técnoloxias en sistemas de información xeográfica – SIX- aplicadas a proxectos de cooperación ao desenvolvemento
Resultado 1.3. ASF-Galicia visibiliza cara o exterior as dinámicas de equidade de xénero que se están a levar a cabo no interno da organización.
Actividades
A1.3.1: Campaña de visibilización das dinámicas de equidade de xénero que se están a levar a cabo no interno da organización
14.760 €; 5.904 € (2014), 8.856€ (2015)