Fortalecemento da área de formación e voluntariado da Fundación Entreculturas en Galicia no curso 2014 - 2015
Este proxecto da continuidade e consistencia as principais accións de mellora comezadas por Entreculturas no curso 2012 – 2013 como foron o deseño e execución dun itinerario de formación do equipo humano en Galicia, e o reforzamento da capacidade técnica da entidade en Galicia, a través do técnico que actúa como coordinador rexional.
Como novidade para o próximo curso 2014 – 2015, a estratexia de formación do proxecto vaise focalizar en dos grupos diferenciados de voluntarios/as: voluntariado con responsabilidades de xestión de equipos e novo voluntariado e voluntariado de recente incorporación.
Isto permitirá aproveitar mellor as necesidades formativas de cada grupo e deseñar actividades específicas de promoción do voluntariado; e ao mesmo tempo, o proxecto manterá e reforzará o traballo de acompañamento aos equipos de voluntariado
A combinación destes 3 resultados terá como efecto unha mellora significativa na consolidación da área de formación e voluntariado, e na sostibilidade das delegacións galegas de Entreculturas.
Obxectivo Xeral: Contribuír a promoción do voluntariado en Galicia como expresión dunha cidadanía galega global comprometida coa xustiza, a solidariedade e a erradicación da pobreza.
Obxectivo Específico: Mellorar as capacidades das tres delegacións galegas de Entreculturas para a execución das liñas de acción5 da área de formación e voluntariado recollidas no Plan de Mellora 2012 – 2014
Resultado 1.1: Mellorada a formación e capacitación do voluntariado, con especial atención as persoas responsables de equipos en Galicia: delegados/as, e responsables dos equipos de formación e voluntariado, educación e comunicación
Actividades
A1.1.1: Planificar, deseñar e realizar accións de formación (xuntanzas de delegados/as e de responsables de equipos) para os delegados/as e as persoas responsables de equipos de Entreculturas Galicia.
A1.1.2: Planificar, deseñar e realizar accións de formación e intercambio de experiencias e aprendizaxes sobre as áreas de traballo de Entreculturas a nivel estatal
A1.1.3: Planificar, deseñar e realizar actividades de formación vencelladas á sensibilización e captación de novo voluntariado nas delegacións de Entreculturas.
Resultado 1.2: Mellorado o proceso de acollida do novo voluntariado, do voluntariado xuvenil e do voluntariado de recente incorporación as Delegacións galegas de Entreculturas
Actividades
A1.2.1: Elaboración de materiais que melloren a xestión do ciclo do voluntariado na fase de acollida: 1 documento de sistematización e 1 folleto de promoción do voluntariado en Galicia
A1.2.2: Planificar, deseñar e realizar accións de formación e de intercambio de experiencias para o novo voluntariado e para o voluntariado de recente incorporación (xuntanzas locais, rexionais e nacionais)
Resultado 1.3: Mellorado o acompañamento aos equipos de voluntarios/as das delegacións galegas, como canle para unha mellora na xestión do ciclo de voluntariado
Actividades
A1.3.1: Planificar e realizar 18 visitas de seguimento as delegacións galegas, e levar a cabo 15 reunións de acompañamento aos delegados/as de Entreculturas en Galicia.
A1.3.2: Planificar e executar 5 reunións de coordinación e intercambio de experiencias coa área de formación e voluntariado da sede de Entreculturas en Madrid.
Actividade común aos 3 resultados
A1.4.1: Coordinación do proxecto, xestión técnica, económica, seguimento e avaliacion das actividades.
25.000 €; 10.000 € (2014), 15.000€ (2015)