Programa de formación e innovación educativa para estudos de posgrao en agricultura e medio ambiente en Centroamérica.
A iniciativa baséase nunha análise realizada en colaboracións anteriores. Estas análises poñen de manifesto a necesidade de formación técnica cualificada para poder achegar avances innovativos no sector agrícola. Estes avances supoñerían unha mellora da calidade de vida na rexión. As actividades enmárcanse nun programa de colaboración entre a USC e a USAC (Universidade de San Carlos (Guatemala) a longo prazo, que comezou en 2008. Entre os principais froitos alcanzados é o programa de doutoramento conxunto entre ambas as institucións. As actividades do proxecto fundaméntanse en accións de colaboración académica cuxos resultados esperables son a mellora da formación de estudantes de posgrao e o fortalecemento de estruturas de formación e investigación.
Universidad de San Carlos (Guatemala)-USAC
Obxectivo xeral: Fortalecer as unidades de formación de persoal especializado en temas agrícolas e medioambietales
Obxectivo específico 1: Fortalecimiento de estudos de Posgrao en temas relacionados coa agricultura e medio ambiente
Obxectivo específico 2: Apoio á formación de estudantes de Posgrao de Agricultura en Centroamérica
Obxectivo específico 3: Creación dun espazo para a análise e discusión de temas relacionados co desenvolvemento rural e medioambiente en Centroamérica
Resultado 1.1: Colaboración entre docentes da USAC e USC para a mellora dos programas de posgrao en Centroamérica.
Actividades
A.1.1.1. Colaboración no deseño de estudos de posgrao. Revisión do programa e proposta de mellora. Actividade a realizar en Guatemala.
A.1.1.2. Colaboración entre docentes da USAC e a USC nos estudos de posgraos da USAC. Impartirase docencia teórico-práctica nas mestrías da USAC. As temáticas centraranse en xestión forestal, fitopatoloxía, alimentos e cambio climático.
A.1.1.3. Manexo da TIC’s para a docencia de posgrao. Impartirase un curso básico sobre manexo da plataforma Moodle para docentes e estudantes.
Resultado 2.1: Fortalecer a colaboración xa existentes entre estudantes e os titores das USC, e acceso a recursos de investigación. Acceso a infraestruturas e fontes bibliográficas.
Actividades
A.2.1.1. Reunións de colaboración dos estudantes de posgrao cos titores da USC
A.2.1.2. Acción formativa: manexo da plataforma de Campus Virtual Moodle (estudantes)
Resultado 3.1: Fortalecer as capacidades colaborativas para proxectos de investigación internacionais
Actividades
A.3.1.1. Organización dunha reunión científica co obxectivo de establecer unha rede colaboración entre Centroamérica e Galicia
ACTIVIDADES TRANSVERSAIS:
AT.1. En Galicia: Evento organizado conxuntamente coa Dirección de Cooperación Galega, dependente da Xunta, e as universidades galegas.
AT.2. En Guatemala: Difusión na páxina web da USAC e da CSUCA
Directa: a participación directa do proxecto é de 40 persoas, os cales son estudantes e profesores da USC e universidades de Centroamérica. Desas 40 persoas seleccionarase un total de 10, as cales realizarán un mobilidade a España ou Guatemala. Seleccionarase 5 estudantes de posgrao e 5 profesores, da Universidade de San Carlos e da Universidade de Santiago. Na selección terase en conta o CV e a experiencia en proxectos de cooperación. Manterase os principios de igualdade de xénero. Reservaranse 3 prazas para poboación indíxena.
Indirecta: Non hai información
25.112,00 € (2014)