Fortalecemento da resposta multisectorial para a mellora de acceso e de exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos, con énfase na prevención e denuncia da violencia sexual e do embarazo non desexado en menores de 14 anos das zonas 3, 6, 7 e 18 e os Mun
O proxecto pretende dar resposta a unha situación de vulnerabilidade de dereitos que afecta principalmente ás menores de 14 anos, mozos e mulleres de Guatemala, que enfróntanse a actos de violencia sexual e embarazos precoces sen existir unha prevención e unha atención oportuna por parte das institucións.
Tierra Viva
Obxectivo xeral: Mellorar o exercicio do Dereito á Saúde das mulleres, adolescentes e mozos do Departamento de Guatemala, con enfoque de xénero e pertinencia cultural.
Obxectivo específico: Fortalecemento da resposta multisectorial para a mellora do acceso e do exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos, con énfase na prevención e denuncia da violencia sexual e do embarazo non desexado en menores de 14 anos das zonas 3, 6, 7, e 18 e os Municipios de San Juan Sacatepéquez e Chinautla do Departamento de Guatemala.
Resultado.1.1 Mellorada a capacidade de prevención dos casos de violencia sexual e embarazo en menores de 14 anos, con pertinencia cultural, por parte dos Titulares de obrigación (persoal institucional de saúde, educación e xustiza) e de Titulares de responsabilidade (grupos organizados de mulleres).
Actividades
A.1.1.1 Realización de 4 xornadas (en 3 áreas de saúde) para actualización do persoal de saúde en planificación estratéxica e técnicas para información, educación e comunicación -IEC para a promoción dos DSR, a prevención da violencia sexual e embarazo en nenas menores de 14 anos.
A.1.1.2 Aplicación de planes de IEC nos 6 servizos de saúde destinatarios do proxecto para a promoción dos DSR, a prevención da violencia sexual e embarazo en nenas menores de 14 anos.
A.1.1.3 Realización dun diplomado virtual dirixido a docentes, educadores en saúde e axentes de seguridade, que participan nos programas de escolas seguras e escolas saudables.
A.1.1.4 Desenvolvemento de 3 actividades de sensibilización e información, desenvolvidas por grupos organizados de mulleres (réplicas), sobre DSR dirixidas aos grupos comunitarios de mozos e mulleres.
Resultado.1.2 Fortalecidas as capacidades dos titulares de obrigación e responsabilidade para proporcionar unha atención integral, de calidade e con calidez, ás/ós nenas/os, adolescentes, mozos e mulleres en risco ou vítimas de violencia sexual (VS).
Actividades
A.1.2.1 Diagnóstico de Coñecementos, actitudes e prácticas do persoal institucional de saúde, educación, seguridade e xustiza, sobre normas e protocolos para a atención integral e derivación de vítimas / sobreviventes da violencia sexual, e a ruta para a atención integral de embarazos en menores de 14 anos.
A.1.2.2 Realización de 2 obradoiros para a Aplicación da Ruta de Atención integral a vítimas de violencia sexual con os Comités de Atención á Violencia (CAV) dos servizos de saúde.
A.1.2.3 Realización de 6 obradoiros de sensibilización e capacitación, dirixidos a persoal de saúde, sobre normas e protocolos para a atención a vítimas de VS e embarazos en menores de 14 anos.
A.1.2.4 Realización de 3 visitas de monitorio facilitante aos servizos de saúde e centros educativos destinatarios do proxecto, sobre o cumprimento de normas e protocolos de atención a vítimas e a aplicación da ruta.
A.1.2.5 Realización de 6 diálogos locais (1 por zona e municipio de intervención) con operadores de seguridade e xustiza sobre aplicación da xustiza en casos de violencia sexual e embarazos en menores de 14 anos.
A.1.2.6 Organización e capacitación a 6 grupos comunitarios (1 por zona e municipio) de autoaxuda e promoción das mulleres e axentes de cambio.
A.1.2.7 Realización dun ciclo formativo de 18 obradoiros para o desenvolvemento de autoestima e competencias técnicas en enfermería auxiliar a grupos comunitarios de autoaxuda e de promoción das mulleres.
Resultado.1.3 Fortalecidas as capacidades das organizacións da sociedade civil na planificación e execución de accións de incidencia política para a defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos de mulleres e mozos, principalmente menores de 14 anos, a través de procesos de gobernanza local.
Actividades
A.1.3.1 Identificación, denuncia e acompañamento de casos de violencia sexual e embarazo en adolescentes detectados en las comunidades.
A.1.3.2 Realización de 1 Foro en cada zona de intervención, organizado por líderes e lideres/as comunitarios, no marco do 25 de novembro.
A.1.3.3 Realización de 4 talleres por cada grupo (6) de sensibilización y educación para el desenvolvemento con adolescentes galegos, desenvolvidos en centros escolares en Galicia.
A.1.3.4 Realizar 10 obradoiros dirixidos a lideresas e mozos axentes de cambio locais e organizacións nacionais de mulleres, para mellorar coñecementos e competencias na planificación de accións de incidencia política.
A.1.3.5 Realización de 3 obradoiros para planificación de accións de denuncia pública e incidencia política con lideresas e líderes xuvenís locais e organizacións nacionais de mulleres.
A.1.3.6 Asesoría e dotación a organizacións nacionais de mulleres para a realización de 4 accións de denuncia pública sobre as causas e consecuencias da violencia sexual.
A.1.3.7 Asesoría e dotación a organizacións nacionais de mulleres para a realización de 5 accións de incidencia política, dirixidas a tomadores de decisións e autoridades nacionais.
A.1.3.8 Asesoría e apoio ó OSAR e organizacións nacionais de mulleres para a realización de auditoría social a servizos de saúde, educación e xustiza, sobre a aplicación da ruta para atención de VS e embarazos en menores de 14 anos.
A.1.3.9 Asesoría e apoio a grupos organizados de mulleres do área de cobertura para a documentación de testemuñas de vítimas de violencia sexual e embarazos non desexados produto desas violacións.
Directa: Adolescentes e mozos, líderes e lideresas, mulleres comunitarias, persoal institucional de saúde persoal, institucional de outras instancias do estado, persoal de instancias municipais, integrantes de grupos organizados no área de cobertura, organizacións de mulleres representantes de sociedade civil. En total: 1.436 mulleres, 727 homes, 1.593 ladinos e 570 indíxenas.
Indirecta: 250.616 mulleres, 240.789 homes, 289.929 ladinos e 201.476 indíxenas.
175.000,00 € (2015: 87.500,00 €; 2016: 87.500,00 €)