Proxectos

Mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos ecoturísticos, acuícolas, pesqueiros e medioambientales dos Municipios de San Luís la Herradura y Tecoluca, El Salvador. Fase III.

O presente proxecto enmarcase dentro da estratexia de traballo que CORDES e ACPP teñen en O Salvador e concretamente na zona do Bajo Lempa. Coa presente acción pretendese continuar cos procesos abertos e reforzar aspectos importantes de anteriores etapas, que abran novas posibilidades ás familias beneficiarias e ós colectivos participantes. Desta forma, o proxecto pretende mellorar as condicións técnicas e materiais para o aproveitamento económico pero responsable dos recursos ecoturísticos, acuícolas, pesqueiros e mediambientales dos Municipios de San Luis la Herradura e Tecoluca, O Salvador.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
Tecolula (municipio)
San Luis La Herradura (municipio)
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Contraparte: 

Asociación Fundación para la Cooperación y el desarrollo Comunal de El Salvador CORDES

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellora das condicións técnicas e materiais para o exercicio dunha actividade económica respectuosa con o medio ambiente nos Municipios de San Luis La Herradura e Tecoluca, O Salvador.
Obxectivo específico: Mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos ecoturísticos, acuícolas, pesqueiros e medioambientales dos Municipios de San Luís La Herradura e Tecoluca.

Resultados e actividades: 

Resultado.1.1 Ao 12º mes de execución do proxecto aplicouse un plan de seguimento e avaliación das actividades do proxecto.
Actividades
A.1.1.1 Conformación do equipo técnico do proxecto e elaboración dun plan de seguimento e avaliación das actividades do proxecto.
A.1.1.2 Reunión das actividades con persoas beneficiarias.
A.1.1.3 Consultoría para a Elaboración de Liña Base de Cooperativas Acuícolas Camaroneras e Asocios Turísticos Apoiados co Proxecto.
A.1.1.4 Aplicación do plan de seguimento do proxecto.

Resultado.1.2 Ao 12º mes de execución do proxecto, 8 iniciativas turísticas comunitarias participaron na execución dun Plan de Desenvolvemento Turístico Rural con enfoque medioambiental nos municipios de Tecoluca e San Luis la Herradura.
Actividades
A.1.2.1 Curso de Capacitación en Turismo Rural Comunitario
A.1.2.2 Sinalización de dous Rutas Turísticas de la Micro-región do Bajo Lempa.
A.1.2.3 Consultoría sobre Organización e Mellora de Oferta de Ecoturísica para la Micro-rexión do Bajo Lempa.
A.1.2.4 Promoción de Dous Rutas Turísticas da Micro-Rexión do Bajo Lempa.
A.1.2.5 Construción de Plataforma Anexa ao Restaurante Flotante de Cooperativa “La Islita” de R.L. e dotación de equipos para a mellora e diversificación de servizos turísticos.
A.1.2.6 Equipamento e promoción do curral de protección de ovos de tartaruga mariña.
A.1.2.7 Obradoiros de capacitación en artesanías de produtos do mar.
A.1.2.8 Entrega de equipos e materiais para elaboración de artesanías a grupo de mozos capacitados.

Resultado.1.3 Ao 12º mes de execución do proxecto, fortaleceuse a capacidade produtiva de 6 iniciativas acuícolas de produción de camarón e cangrexo azul nos municipios de Tecoluca e San Luis La Herradura.
Actividades
A.1.3.1 Sinatura de convenios entre CORDES e cooperativas ou asociacións turísticas sobre transferencias de materiais, insumos e equipos.
A.1.3.2 Dotación de insumos para o cultivo de camarón e asistencia técnica especializada a cooperativas El Aguilucho e Chinandega.
A.1.3.3 Dotación de equipos e asistencia especializada para a tecnificación do cultivo de camarón a cooperativas Los Piñalitos e Las Bordas.
A.1.3.4 Dotación de materiais e insumos para a instalación e funcionamento de dous currais de Cangrexo Azul o Tihuacales.

Resultado.1.4 Ao 12º mes de execución do proxecto 2 cooperativas de FECOOPAZ melloraron os seus coñecementos de xestión cooperativa e pesca artesanal, realizouse un intercambio de experiencias co sector pesqueiro de Galicia, e 25 persoas (15 homes e 10 mulleres) de FECOOPAZ participaron en un módulo de sensibilización en xénero.
Actividades
A.1.4.1 Xornadas de formación en cooperativismo a FECOOPAZ.
A.1.4.2 Xornadas de capacitación en Xestión Empresarial Cooperativa a FECOOPAZ.
A.1.4.3 Curso PROFOPAC III – Comercialización a FECOOPAZ.
A.1.4.4 Xornadas de sensibilización e formación en Equidade de Xénero.
A.1.4.5 Xira de intercambio de dous pescadores Cooperativistas de FECOOPAZ a sector pesqueiro en Galicia.
Resultado.1.5 Ao 12º mes de proxecto, aplicouse un programa de sensibilización sobre saneamento ambiental e protección do entorno natural na zona de intervención.
Actividades
A.1.5.1 Curso de Fortalecemento da Xestión Ambiental das Iniciativas Turísticas.
A.1.5.2 Xornadas de Limpeza Ambiental.
A.1.5.3 Equipamento para clasificación de refugallos a iniciativas turísticas.
A.1.5.4 Xornadas de sensibilización ambiental a estudantes de centros Escolares da zona.
A.1.5.5 Concurso de debuxo de temática ambiental en centros escolares.
R.1.6 Ao 12º mes ampliouse a capacidade da radio comunitaria Tehuacán de sensibilizar sobre medio ambiente, turismo sostible e xénero.
Actividades
A.1.6.1 Formación en xornalismo social e información comunitaria para o persoal voluntario da emisora comunitaria Radio Tehuacán de Tecoluca.
A.1.6.2 Realización dun programa de radio sobre turismo sostible e medio ambiente, e outro sobre equidade de xénero de periodicidade quinquenal.
A.1.6.3 Realización dunha avaliación técnica dun informe sobre a capacidade de ampliación de cobertura da emisora comunitaria.
A.1.6.4 Elaboración de cuñas publicitarias que promovan o turismo no Bajo Lempa.
A.1.6.5 Ampliación das horas de emisión de Radio Tehuacán a través do canal online de Agareso Radio.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: O proxecto beneficiará directamente ás 1.678 persoas (692 mulleres e 986 homes) que conforman as cooperativas e socios de pesca e acuícolas, asociacións turísticas rurais, e membros da radio comunitaria que son as iniciativas beneficiarias da intervención do proxecto. Ademais se contabilizan os alumnos e alumnas que participarán no plan de sensibilización nas escolas (437 nenos e 453 nenas).
Indirecta: O proxecto beneficiará indirectamente a un total de 44.298 persoas (22.598 mulleres e 21.699 homes), que é a poboación dos dous municipios do área de influencia do proxecto. Tecoluca e San Luis La Herradura nos departamentos de San Vicente e La Paz respectivamente. Considerase beneficiara indirecta a toda a poboación de ambos municipios que beneficiaranse dun maior fluxo turístico, un maior acceso a alimentos a partir da produción acuícola.

Axudas: 

225.000,00 € (2015: 112.500,00 €; 2016: 112.500,00 €)