Fortalecemento da área de comunicación externa e interna a través da mellora da formación e a participación da base social de Médicos do Mundo en Galicia
Este proxecto de Médicos do Mundo enmárcase no compromiso da organización na promoción da defensa dos Dereitos Humanos e co Dereito á Saúde, crítica coas causas que provocan as desigualdades e activista para conseguir un cambio social na cidadanía galega a través do fortalecemento da súa base social en Galicia. Coa súa posta en marcha deste proxecto búscase fortalecer a área de comunicación de través de procesos de construción participativa de mellora da comunicación externa e interna de Médicos do Mundo Galicia. Para facelo, melloraranse as ferramentas de comunicación interna a través da construción colectiva das mesmas para os equipos técnicos e das persoas referentes do voluntariado e desenvolverase un plan de formación de voluntariado e técnico que permitirá a capacitación e empoderamento das persoas voluntarias na comunicación externa da defensa dos Dereitos Humanos. Así mesmo, promocionaranse os espazos de discusión e construción entre os órganos de goberno e o equipo técnico, mellorando así a comunicación e a cohesión do voluntariado político.
Obxectivo xeral: Promover o compromiso coa defensa dos Dereitos Humanos e co Dereito á Saúde, crítica coas causas que provocan as desigualdades e activista para conseguir un cambio social na cidadanía galega a través do fortalecemento da base social de MdM.- G
Obxectivo específico: Fortalecemento da área de comunicación de través de procesos de construción participativa de mellora da comunicación externa e interna de Médicos do Mundo Galicia.
Resultado 1.1: Melloradas as ferramentas de comunicación interna de Médicos do Mundo Galicia, a través da construción colectiva de ferramentas para os equipos técnicos e das persoas referentes do voluntariado.
Actividades
A1.1.1: Curso formativo sobre a participación en grupo, para o equipo técnico e representantes do voluntariado.
A1.1.2: Obradoiro participativo do voluntariado de comunicación e equipo técnico para o establecemento da liña de base de comunicación interna nas áreas de Médicos do Mundo Galicia.
A1.1.3: Realización de 6 reunións das áreas de voluntariado nas que se debate e deciden cuestións claves de comunicación interna.
A1.1.4: Construción do documento de ferramentas de comunicación interna e xestión de grupos, de Médicos do Mundo Galicia.
Resultado 1.2: Desenvolto un plan de formación de voluntariado e técnico que permite a capacitación e empoderamento das persoas voluntarias na comunicación externa da defensa dos Dereitos Humanos.
Actividades
A1.2.1: Realización do plan de formación en comunicación externa para o voluntariado de comunicación.
A1.2.2: Realización dun obradoiro de Redes sociais e Dereitos Humanos.
A1.2.3: Participación nun Congreso de Comunicación social e difusión da memoria.
Resultado 1.3: Mellorada a comunicación e a cohesión do voluntariado político, a través da promoción de espazos de discusión e construción entre os órganos de goberno e o equipo técnico.
Actividades
A1.3.1: Organización de dous encontros entre o equipo técnico e a Xunta Directiva para o establecemento da estratexia de comunicación da defensa dos dereitos humanos e o seu alcance.
A1.3.2: Realización dun obradoiro sobre a comunicación e os Dereitos Humanos para a Xunta Directiva.
A1.3.3: Participación de persoas socias ou voluntarias en Xuntas Directivas ampliadas para tratar aspectos de comunicación e defensa dos Dereitos Humanos.
24.649,00 €; 9.859,60 € (2015) e 14.789,40 (2016)