Proxectos

Programa de atención de emerxencia e rehabilitación psicosocial para as vítimas da guerra en Maban, Sudán do Sur

A rexión de Maban estivo golpeada polos combates durante a guerra de independencia e segue sufrindo as consecuencias do conflito. Os combates produciron un gran número de vítimas civís e o desprazamento de miles de persoas alén da fronteira.
O estado Upper Nile está a ser afectado polo conflito interno que estalou en decembro deixando máis de 900.000 persoas desprazadas forzosamente e case 250.000 refuxiadas en países veciños.
As condicións de vida nos campos son precarias por escaseza de infraestruturas e servizos; por inundacións; falta de alimentos, auga potable, medicamentos, condicións hixiénicas salubres; e a elas súmanse problemáticas psicosociais provocadas polo trauma da guerra, o desprazamento, e a separación e a perda violenta de familiares. Non existen servizos/organizacións que axuden á poboación para recuperarse dos traumas sufridos, por isto, a integrade psico-física da poboación está en risco.
 

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
SUDÁN DO SUR
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Servicio Xesuita ao Refuxiado (JRS a súa sigla en inglés)

Código CRS: 
72050 - Coordinación dos servizos de protección da axuda
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír ao benestar comunitario e á convivencia pacífica da poboación refuxiada e da comunidade local en Maban.
Obxectivo específico: Polo menos 500 refuxiados/as hospedados nos campos de Maban e membros da comunidade local de Bunj Town melloran as súas condicións psico-sociales

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. 400 refuxiados/as (120H-280M) reciben apoio psico-social e bens de primeira necesidade.
Actividades
A1.1.1. Talleres de formación en asesoría psicosocial básica.
A1.1.2. Sesións de asesoría psicosocial individual.
A1.1.3. Sesións de terapia grupal.
A1.1.4. Seguimento individualizado – home visits.
A1.1.5. Distribución de bens de primeira necesidade.
Resultado 1.2. 500 persoas (250H-250M) hospedadas nos campos de Doro, Batil, Gendrassa, Kaya e membros de Bunj Town adquiren habilidades persoais e sociais que facilitan a súa rehabilitación.
Actividades
A1.2.1. Selección beneficiarios/as talleres de liderazgo comunitario.
A1.2.2. Talleres de liderazgo comunitario.
A1.2.3. Selección beneficiarios/as talleres Peace building.
A1.2.4. Talleres Peace building e manexo de conflitos.
A1.2.5. Selección beneficiarios/as sensibilización/prevención abuso.
A1.2.6. Talleres de sensibilización/prevención abuso.
A1.2.5. Eventos deportivos e recreativos con mozos e mozas.
A1.2.6. Seguimento beneficiarios/as programas capacitación.

Poboación beneficiaria: 

Directa
500 persoas (240 mulleres, 160 homes, 50 nenas e 50 nenos)
Indirecta
21.000 persoas (4.695 mulleres, 4.854 homes, 5.630 nenos e 5.821 nenas)
 

Axudas: 

70000