Reforzo das capacidades de prevención e atención do ébola no Distrito sanitario de Kita, Malí.
No marco da emerxencia causada pola propagación do virus do ébola no ano 2014, Farmamundi veu traballando nunha estratexia destinada a aumentar a resolución do sistema de saúde e reforzando os centros comunitarios de saúde para a prevención e atención do virus do ébola. Ata a data o traballo da entidade en Mali diríxese a mellorar a situación sanitaria do país. Este proxecto quere contribuír a mellorar a capacidade de resposta dos sistema de saúde maliense ante ameazas e emerxencias sanitarias e concretamente a atención e prevención do virus do ébola no Distrito Sanitario de Kita, na rexión de Kayes.
Association Malienne pour la Promotion du Sahel - AMAPROS
Obxectivo xeral: Contribuír a mellorar a capacidade de resposta do sistema de saúde maliense ante ameazas e emerxencias sanitarias.
Obxectivo específico: Contribuír a mellorar as capacidades de atención e prevención do virus do ébola no Distrito Sanitario de Kita, na rexión de Kayes, Malí.
Resultado 1.1. Reforzadas as capacidades técnicas e humanas de detección, resposta e atención do Ébola en 8 CSCOM e 8 centros educativos do Círculo de Kita.
Actividades
A1.1.1. Dotación de insumos de prevención contra o virus do ébola en 8 CSCOM do distrito sanitario de Kita.
A1.1.2. Formación en prevención, detección, seguimento e actuación fronte ao virus do Ébola entre 16 profesionais de saúde e persoal de dirección (8 mulleres).
A1.1.3. Formación a 48 educadores/as (24 mulleres) en medidas de prevención, detección e resposta fronte a casos de Ébola.
Resultados 1.2. Implementada unha estratexia de prevención e resposta fronte ao virus do ébola entre actores/actrices clave comunitarios/as no distrito sanitario de Kita.
Actividades
A1.2.1. Dotación de insumos hixiénicos e de promoción da saúde en 8 escolas do Círculo de Kita e de 4 estacións de autobús.
A1.2.2. Formación de 160 recursos comunitarios (80 mulleres) (sociedade civil, líderes relixiosos, medios de comunicación e axentes de saúde comunitarios) en prevención, detección e actuación ante o Ébola.
A1.2.3. Organización de sesións 152 IEC sobre o ébola en 8 áreas de saúde do círculo de Kita.
A1.2.4. Celebración de concurso escolar sobre a prevención do ébola.
Directa
19.254 persoas (9.639 mulleres, 6.130 menores de 4 anos e 3.485 homes)
Indirecta
79.737 persoas (40.666 mulleres)
49964,1